Santiago, 30 de marzo de 2017.- O deputado do Grupo Popular Daniel Vega, acompañado do alcalde de Foz, Javier Castiñeira, analizou coa directiva da Asociación A Ribeira as necesidades de incremento de prazas de atraque no Portochico, ante o que avanzou que a Xunta xa ten previsto ampliar en 40 novas prazas.
Daniel Vega reuniuse co presidente da Asociación A Ribeira, Alberto Burunda; o vicepresidente Ramón Cajoto; e o secretario José Luís Moreda.
OBRAS DE DRAGAXE E NA LONXA
No encontro, salientou os investimentos realizados pola Xunta de Galicia nas infraestruturas portuarias de Foz, que en conxunto se achegan aos 900.000 euros. Entre as actuacións máis destacadas figuran a dragaxe da canle de acceso ao porto (243.743 euros), o reforzo da estrutura e o acondicionamento da lonxa (máis de 315.000 euros), o estudo hidrodinámico para a ordenación do borde marítimo (101.679 euros), o reforzo do dique de encauzamento do porto (98.006 euros) ou o mantemento das infraestruturas portuarias (64.060 euros).
“Queremos coñecer de primeira man as propostas e necesidades dos traballadores e as asociacións do sector pesqueiro, para despois poder tomar decisións que se adecúen ao que realmente necesitan”, sinalou o deputado popular.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



