Burela 7-3-17. O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participou este martes en Burela, xunto cos representantes de 35 colectivos da Mariña, na mesa de traballo sobre o sector turístico, organizada polo Goberno provincial no marco da preparación do seu Plan Estratéxico de Turismo. Vidal Baamonde cualificou a sesión de “moi participativa” e destacou a gran acollida que recibiu o encontro, no que interviñeron Alcaldes ou representantes de todos os Concellos desta Comarca, profesionais dos museos, das oficinas de turismo, dos clubs naúticos e das asociacións culturais e de empresarios.
Os participantes tiveron a oportunidade de dar a coñecer as súas propostas a través da aplicación de tres dinámicas de grupo, unha centrada no conxunto da provincia e outras dúas dedicadas ao xeodestino Mariña Lucense. Entre os temas abordados, destacaron a necesidade de conseguir a colaboración conxunta das institucións públicas e privadas para impulsar o sector turístico e o grande potencial da Mariña Lucense, do que remarcaron recursos concretos como a Praia das Catedrais, a Catedral de Mondoñedo ou os produtos gastronómicos.
Logo da celebración desta mesa de traballo en Burela, o seguinte encontro terá lugar en Vilalba, o xoves 9 de marzo, coa colaboración doutros 20 colectivos e de todos os Concellos incluídos no xeodestino da Terra Chá. As mesas de traballo sobre o sector turístico completaranse cos encontros de Lugo e Pedrafita do Cebreiro, os días 14 e 16 de marzo, respectivamente. E finalmente coa mesa de Monforte de Lemos, o día 21.
Estas iniciativas forman parte da preparación do Plan Estratéxico de Turismo da Deputación, un plan elaborado con metodoloxías participativas, que inclúe a celebración de 5 mesas de traballo coa participación de 200 entidades de toda a provincia. Ademais, contempla a realización de 20 entrevistas en profundidade con expertos e a distribución de enquisas en liña a 40 colectivos do sector turístico. O obxectivo de todas estas accións é recadar datos e propostas para incorporar ao plan.
Orzamento
O Plan Estratéxico, que está previsto que se presente en xuño, establecerá as liñas e as actuacións prioritarias en materia turística ata o 2020. O Executivo destinará un orzamento, nesta anualidade, de 400.000 euros para executar as primeiras accións. A maiores, na proposta de orzamento presentada hoxe polo Presidente inclúense outras partidas, sumando 1 millón de euros para o impulso do turismo na provincia.






















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



