Foz a 29 de Marzo de 2017. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro,Luís Alfonso Sixto Legaspi,Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Na parroquia de Vilaronte, no barrio da Espiñeira, encóntrase a EDAR que sirve para tratar e depurar as verteduras que xera esta parroquia. Dende fai uns meses esta EDAR non está funcionando como debera, motivada polo atrancamento do tubo xeral que chega a dita depuradora. Nos últimos tempos recibimos numerosas queixas de veciños e veciñas que nos denunciaron que a escasos 100 metros da EDAR se encontra unha arqueta que rebosa os residuos a unha finca particular con vivenda e mais o rio que cruza dita parroquia.
Despois de comprobar no sitio dita queixa, comprobamos que é certo, e despois de informarnos vemos que o problema deste rebose é debido ó atrancamento do tubo xeral que leva cara a EDAR o saneamento.Este atrancamento é producido pola pouca caída que este tubo ten cara o seu destino e vai acumulando residuos no fondo ata chegar practicamente a taponalo.
Isto leva consigo que a EDAR de Vilaronte practicamente non está en funcionamento, xa que non chegan residuos, e ó mesmo tempo estanse estes residuos vertendo sen depurar ó “Rego da Baesta” co conseguinte dano medioambiental.
Novamente volvemos a traer esta moción a Pleno, trouxémola o pasado 03-11-2015, (ADXUNTASE FOLLA DA ACTA DO ACORDO PLENARIO) sendo aprobada por unanimidade despois de incluír nela unha emenda do PP. Nestes case dous anos que pasaron non se fixo absolutamente nada, non recibindo nin os partidos da oposición resposta ningunha por parte de ningunha administración afectadas por este grave problema. Estes problemas que FPF denunciamos no ano 2015 non fixeron mais que ir a máis, máis atrancamento do colector xeral hacia a EDAR, mais desperfectos na propia EDAR polo afundimento do terreo, e a maiores os veciños daquel barrio manifestan o seu malestar pola imprudencia de verter directamente ó coñecido como “Rego da Baesta”, incrementando o problema cun cheiro que sae desta arqueta importante. Como podemos ver este importante problema en vez de solucionarse foi a peor o que demostra as claras unha vez máis e van unhas cantas a deixaded do equipo de goberno do noso Concello en dar solucións ós problemas que denuncian os veciños e nesta ocasión “Foz,Plataforma de Futuro” transmitimos unha vez mais en forma de Moción.
Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación dos seguintes acordos:
-Instar ó Alcalde do Concello de Foz e ó seu equipo de Goberno a que faga as xestións necesarias para solucionar dito problema, dende FPF dámoslle dúas posibles solucións:
Cada ano facer unha limpeza total deste tubo para que volva a facer o seu cometido, ou ben, facer as xestións necesarias ante a Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente) para volver a facer a canalización e que leve a caída suficiente para o seu correcto funcionamento.
-Así mesmo tamén solicitarlle que faga as xestións necesarias ante a Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente) para solucionar as deficiencias existentes na Edar de Vilaronte, pois ó estar construída nunha zona moi húmida, está afundíndose no terreo, o que está producindo grandes fisuras nas súas instalacións.
-Instar á Deputación Provincial de Lugo á canalización de augas pluviais da vía da cal é titular e transcurre dende a Espiñeira hasta o cruce coa estrada que vai dende “Os Camioneros” a Ferreira.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



