A xente que camiña ou pasea polas travesías non é consciente da cantidade de obligacións que teñen que cumprir porque en España todavía son moi lasas as normas peonales e ainda non se aplican as leis coa dureza que o fan noutros países da comunidade económica europea. E unha mágoa ver como algúns peóns berran e incluso chillan con intención ós conductores que cumpren as normas de circulación cando eles non cruzan polo paso de peóns, van vestidos de cores obscuros nunha estrada xeral e non se lles ve, …
Os adultos cóstalles cruzar polos pasos de peóns ou esperar que o semáforo se poña en verde; e, o que é peor, atravesan as vías circulatorias parolando uns con outros ou mirando os móbiles cunha calma pasmosa.
Pois, PEONS, saiban que esta actitude está moi penada pola lei e con multas moi elevadas. A norma dí que “se debe cruzar co semáforo en verde, de mañeira rápida e sempre mirando que non veñan coches. Si un ten dudas en canto o tempo que lle pode levar ten que esperar”.
¿E quén é de cumplir esto?
Os peóns deben ir sempre pola acera ou pola rúa peonal, pero nesta deben estar alerta para apartarse cando poida vir unha ambulancia, un coche de bombeiros ou coches da policía. E sempre que haxa un axente regulando o tráfico, as súas indicacións teñen preferencia.
Cando se vai por unha estrada sen acera hay que circular no sentido contrario ó dos coches, con chaleco reflectante para ser vistos polos conductores e en fila de a un. E non esquenzamos que no caso de accidente ós peóns tamén se lles pode realizar a proba da alcoholemia.
Estas son algunhas das nosas obligacións cando somos peóns e que parece que están totalmente esquecidas porque son moi poucos quenes as respetan. Cada un cruza polo lugar que lle parece, entorpecendo o tránsito dos coches e obligando ós conductores a acumular unha tensión nerviosa que non é nin boa nin necesaria. Cada un deberíamos actuar conforme á ley e non habería ningún tipo de problemas. Pero os semáforos non se respetan, os peóns saltan diante dos vehículos en marcha, non se olla a un lado e outro da estrada antes de cruzar, …eu en verdade creo que existen unha serie de causas ocultas e malsanas para realizar estos actos vandálicos cos que poñen en perigo a súa vida e a dos conductores, pero tamén estou convencida de que ata que non se faigan efectivas as sancións económicas pertinentes que faigan doer os petos dos incumplidores estos continuarán a facer o que lles dé a gaña.