Ribadeo, 9 de marzo de 2017. O 3 de abril dará comezo a recollida porta a porta dos plásticos agrícolas. As explotacións que precisen contar con este servizo poden solicitalo no Concello ata o vindeiro 31 de marzo.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, informa a través dun Bando que o 3 de abril comezará a recollida porta a porta dos plásticos agrícolas por parte da empresa Soluciones Integrales para el Medio Ambiente.
O rexedor sinala no Bando que “para asegurar que o servizo se preste nas condicións idóneas, todas as explotacións que precisen a recollida procurarán ter os plásticos en lugar adecuado e facilmente accesible para o camión de recollida e solicitarano nas dependencias do Concello de Ribadeo a través do teléfono 982 120 701 en horario habitual ata o 31 de marzo”.