O barrio da parroquia focega de San Martiño, por ubicarse nel a histórica ex-catedral e actual basílica, é o punto de meirande interese cultural do concello. A natureza e a historia ás veces, , acumulan valores que concitan a atención das xentes e, lugares mais ou menos inéditos, convértense en cita para numerosos visitantes, atraídos polas pegadas do currículo dunha existencia que, como e o caso,cífrase en preto de vinte séculos, dende a era do prerrománico, do que o cenobio é exemprar único. Pretiño del,en paraxe de bucólica beleza,a carón do río Centiño, ten o seu obradoiro o artista plástico Caxigueiro onde, por iniciativa propia ,abríu ó público un fermoso xardín botánico duns 3.500 m2 que destaca pola colección de camelias, formada por mais dun cento de variedades, así como a abundante flora autóctona e curiosas especies exóticas, que conceden ó recinto un sinalado interese que ven a potenciar o que, por sí só o recoñecido valor histórico e cultural do singular monumento que é a igrexa de San Martín de Mondoñedo.
O recorrido polo Espazo Caritel permite acceder ó edificio, obra do arquitecto Xosé D. Moscoso, con dúas salas de exposicións. O artista ten participado en numerosas mostras, individuais e colectivas, polifacético que domina variados medios de expresión artística: cerámica, escultura, fotografía, poesía…Presente en importantes ciudades galegas, así como en Lisboa, Madrid, Valencia, Zaragoza… o seu traballo forma parte das mais prestixosas colección de Galicia: CGAC, Abanca, Unión Fenosa…
Sen dúbida que a inciativa de Caxigueiro resulta exitosa porque aporta, a través da arte e a natureza, alicerce que complementa a visita a ese baluarte da Historia e da Cultura que é a basílica de San Martiño de Mondoñedo,da que Trapero Pardo, ilustre escritor, membro da Real Academia de Arte de San Fernando, dixo: “…el templo está allí, en aquella vallina, breve y cálida como el hueco de una mano, ofreciéndose a la admiración del visitante con su belleza formal y tentando con su enigma al erudito y al investigador”.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



