Burela, 2 de marzo de 2017. O Concello axudará nos trámites que se requiran aos produtores de pataca para dar cumprimento ao Real Decreto do Goberno que prohibirá a plantación deste tubérculo. O alcalde, Alfredo Llano, considera que é necesaria a implicación de todos para loitar contra esta praga.
O rexedor contou que “onte tivemos unha reunión informativa no salón de conferencias aquí de Burela sobre a couza guatemalteca na pataca. En Burela temos moita costume de plantar patacas, de feito hai unha moi boa fama lograda merecidamente. Onte houbo moita preocupación, moita asistencia dos veciños de Burela a esa charla que foi de información do que é a couza, cómo se trata, cómo se fai para identificala e cómo se fai para recoller o insecto, poder analizalo e tratalo”.
Alfredo Llano explicou que “as preguntas basicamente ían sobre qué se vai facer. Hai que ter en conta que aquí en Burela xa se plantou a pataca de cedo a finais de decembro ou primeiros de xaneiro, xa practicamente ten o ciclo completo e a finais de marzo estarán xa na casa. Estase agardando un Real Decreto, que se presume que vai saír este mes, e igual cando salga moitas das patacas que agora mesmo xa están plantadas seguro que xa están sacadas”.
O alcalde burelés manifestou que “a opinión xeral onte nesta charla era que chegaron un pouco tarde estas informacións, que deberan estar moito antes de ter plantado e que agora quizás é un pouco difícil de aplicar o Real Decreto ao cen por cen. A xente está moi preocupada. Espérase que haxa unha prohibición de plantar e polo tanto a xente está preocupada. Este tipo de charlas informativas deberíamos de telas xa moitísimo antes para que se soubera actuar no seu momento e incluso atallar esta praga”.
Llano anunciou que “no Concello de Burela facilitaremos posiblemente para a xente que queira facer a solicitude de aquilo que se lle vai requirir cando salga o decreto para que teña información suficiente dos papeis necesarios. O que se busca é unha solución e sobre todo implicarnos todos porque penso que o futuro depende de cómo tratemos agora esta praga. Hai que procurar que vaia desaparecendo o antes posible porque evidentemente trae unhas consecuencias, por un lado alimenticias porque a xente de aquí planta para o autoconsumo, e ten unhas consecuencias tamén económicas porque hai moita xente da comarca que está plantando para comercializar e para vender. É interesante erradicar o antes posible esta praga para que non afecte para nada en ningún destes dous aspectos”.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



