Barreiros, 29 de marzo de 2017. O Concello leva a cabo obras de mellora en beirarrúas de San Miguel de Reinante e San Cosme de Barreiros. O alcalde, Alfonso Fuente, espera que os traballos estean rematados en breve.
O rexedor contou que “en Barreiros estamos traballando xa en dúas obras que esperamos que se poidan empezar en breve. En San Miguel de Reinante continuamos cunhas beirarrúas que fai pouco, aproveitando que metíamos unha traída de auga, se renovaban e ampliaba unha zona que non tiña beirarrúas. Seguindo pola marxe dereita cara a Reinante queremos continuar esa beirarrúa e meter un carril de servizo.
Ademais Fomento está a poñer problemas coas saídas directas á nacional, así que para evitar tamén accidentes e protexer ao peón con esas beirarrúas das que carecen agora nunha zona que consideramos vai acadando un grado de urbanización importante”.
O alcalde barreirense explicou que “na parroquia de San Cosme de Barreiros hai unha zona, despois desta obra que se facía e se remataba non hai moito tempo, que precisamente estes días estaban acabando de colocar as farolas. Quédanos aínda un treito que hai que adoquinar. Nunha beirarrúa que estaba rematada, estaba sen adoquín, polo que poñerase adoquín e remataranse esas beirarrúas en zonas que faltan”.
Fuente Parga salientou que “son obras que esperamos que se poidan poñer en marcha en breve para mellorar o entorno urbano tanto na parroquia de San Miguel de Reinante como na de San Cosme de Barreiros”.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



