Ribadeo, 29 de marzo de 2017. 95 alumnos e alumnas de 14 a 20 anos do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e do CIFP Porta da Auga participan nos obradoiros de educación sexual e prevención do VIH-Sida que está a impartir a asociación Aseduc, de Oleiros, en colaboración co Concello. Esta mañá no salón de pleno déronse a coñecer as actividades que se estiveron e están a desenvolver.
A edil de Servizos Sociosanitarios, Soniva Vizoso, declarou que “estamos con Aseduc, que é unha asociación socioeducativa e tamén unha organización sen ánimo de lucro, situada en Oleiros (A Coruña), coa que asinamos un convenio o 2 de xaneiro de 2016 co fin de desenvolver distintas actividades educativas entorno á prevención do VIH Sida”.
A responsable do Programa de Prevención de Drogodependencias do Concello de Ribadeo, Mónica Fernández Lamparte, lembrou que “comezamos esa colaboración con Aseduc coa presentación da súa guía Infórmate… perde o medo, na Casa da Xuventude o 21 de xuño do ano pasado. Nese acto estiveron Octavio Susaca e Laursa Casal. Continuamos despois o 5 de xullo cun stand informativo na entrada do Concello, onde se repartiron folletos, preservativos, guías informativas e información. Alí estiveron con nós Eva Cividanes, Octavio Susacasa e Mª Jesús López Villar”.
Fernández Lamparte seguiu a relatar que “o 26 de setembro, nun despacho das oficinas de servizos sociais do auditorio, fixéronse probas rápidas de detección en saliva e información individualizada e anónima ás persoas que quixeron acudir. Estiveron nese caso en Ribadeo Mª Jesús López Villar e Noelia García. Logo o 11 de novembro reunímonos con responsables dos centros de ensino de secundaria para organizar unha serie de charlas informativas en 3º de Eso no caso do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e en 1º e 2º de Formación Profesional Básica no caso do CIFP Porta da Auga. Estiveron con nós Octavio Susacasa e Noelia García”.
E engadiu que “durante os meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril deste ano desenvolvéronse estas charlas informativas. Estas actividades están xa rematadas no caso do Porta da Auga e case rematando no IES Dionisio Gamallo. En total participaron 95 alumnos e nalgún caso aínda non terminaron. No IES foron os días 8, 15 e 29 de marzo e queda unha sesión pendente o 5 de abril e no Porta da Auga tiveron lugar os días 27 de xaneiro e 3, 10 e 17 de febreiro. Estivo a cargo deste programa Mª Jesús López Villar, ATS-DUE”.
Mónica Fernández tivo palabras de agradecemento “para todos os membros de Aseduc, que son moitos, Octavio Susacasa, mestre e psicopedagogo especialista en drogadiccións; Eva Cividanes, que é educadora social e a persoa coa que contamos por teléfono e organiza todas estas actividades; Laura Casal, que é educadora social e máster en xestión de centros; Noelia García, tamén educadora e Mª Jesús Villar, enfermeira. E quería dar as grazas tamén ao IES Dioniosio Gamallo e ao CIFP Porta da Auga, a Alfonso Piñeiro e Beatriz Dobaño, que son os directores e que están aquí con nós e tamén aos departamentos de orientación, porque sen a súa colaboración, sen o tempo que nos dedican e sen as horas que nos deixan traballar non poderíamos realizar estes programas”.
A enfermeira Mª Jesús Villar manifestou que “estamos agora impartindo clases no IES Dionisio Gamallo. Os rapaces de 3º polo que eu vexo teñen moito interese parte deles, non teñen ningunha ou moi pouca información do VIH. A que teñen considero que non é a apropiada con respecto a toda a información á que podemos acceder a través das novas tecnoloxía e vexo que os rapaces e rapazas non están informados sobre elo”.
Villar subliñou que “o noso programa plantexado para a prevención do VIH, porque realmente o VIH non desapareceu e estase a ver que os casos non baixan, ultimamente seguen a estar activos e cada vez máis sobre todo en xente que ten relacións sexuais sen protección. Estoume a referir sobre todo a homosexuais co que o repunte de prácticas de risco sobre todo é vía sexual, non por vía de transmisión con inxeccións de drogas, como era ao principio do desenrolo do VIH”. E engadiu que “se ve que afecta mais a homes que a mulleres. Inténtase a nivel de sanidade diminuír os novos casos e tamén que haxa criterios de diagnóstico previos, que o diagnóstico sexa canto antes mellor e para iso realizamos as probas rápidas, que a partir de tres meses de ter relacións sexuais de risco se pode realizar esta proba que é moi fácil de facer. En 20 minutos podemos ter un diagnóstico, que che di si é positivo ou negativo, e se sabe si a persoa estivo en contacto ou non co VIH, porque unha vez que estás en contacto con el o VIH vai permanecer no teu corpo de por vida, co cal debería recibir un tratamento. É mellor recibir un tratamento precoz. Agardamos que este programa xurda o efecto que nós desexamos”.
O director do IES Dioniosio Gamallo, Alfonso Piñeiro, declarou que “os que temos que dar as grazas somos nós porque toda a axuda que o instituto recibe en educación de temas transversais sempre é ben recibida. Nos últimos cursos e especialmente neste temos a colaboración do Concello para estes asuntos e quero dar as grazas ao Concello e a Aseduc pola participación nestas xornadas. Os temas transversais son algo que está a tomar importancia porque están cada vez máis nos medios de comunicación as problemáticas que xorden entorno á educación en igualdade de xénero, educación para a paz, educación para temas de drogodependencias, para consumo responsable de medios de comunicación”.
Piñeiro dixo que “todo iso está cada vez máis á orde do día e cada vez se carga máis nos centros de educación unha responsabilidade de educar nestes temas e é difícil chegar a todo, intentámolo por suposto, pero todas as axudas que nos veñen doutras administracións que contribúen para ir un pouco máis aló son ben recibidas. E con estas xornadas temos un exemplo magnífico para a educación sexual e a prevención do VIH. Moitas grazas e pola nosa parte queremos seguir con esta colaboración tan frutífera que temos co Concello de Ribadeo”.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



