Lugo, 7 de marzo de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, presentou hoxe a súa proposta de Orzamento para 2017, que vai a levar a un Pleno Extraordinario, que terá lugar o vindeiro martes, 14 de marzo, para a súa aprobación. Campos Conde adiantou que o presuposto ascende a 84,8 millón de euros, dos que “destinamos ao fomento do emprego, das políticas sociais e das infraestruturas nos 67 Concellos da provincia 44,5 millóns, que representan o 52% do total das contas provincias”.
“Como dixen no Parlamento galego, durante a miña comparecencia para adiantar as liñas estratéxicas das contas provincias para este ano, os máis de 300.000 veciños dos 67 Concellos da provincia son os protagonistas do Presuposto desta Deputación. Todos os investimentos desta institución son para mellorar a súa calidade de vida e loitar pola igualdade de oportunidades nunha provincia, como a de Lugo, envellecida; cunha ampla dispersión poboacional, que se concentra no noso amplo rural; afectada polo despoboamento demográfico, e con moitas familias no paro debido de crise que sofre o conxunto dos nosos sectores produtivos, especialmente, o gandeiro. Cremos que isto só pasa pola posta en marcha medidas de fomento do emprego e da economía; das políticas sociais e das infraestruturas, no conxunto dos 67 Concellos da nosa provincia; que son os 3 piares das contas provincias deste ano”, explicou.
O orzamento consolidado da Deputación de Lugo para 2017 ascende a 84,8 millóns de euros. Con respecto ao 2016, baixa nun 3,92%, que representa 3,4 millóns de euros, debido á liquidación da débeda da Xunta pola transferencia dos hospitais, pois a Deputación deixa de percibir 3,7 millóns de euros anuais; e pola redución na retención aos Concellos debido á recadación de impostos, que o Goberno Provincial baixou do 3% ao 1%, aforrando 745.000 euros aos municipios.
García Bermúdez apuntou que con este Presuposto “cumprimos co obxectivo de estabilidade orzamentaria e mantemos a débeda financeira nos cero euros, ao mesmo tempo que incrementamos, notablemente, os investimentos para emprego, políticas sociais e infraestruturas nos 67 Concellos da provincia”. Destínanse a estes fins (emprego, políticas sociais e infraestruturas) 44,5 millóns de euros, que representan o 52% do total do orzamento.
Plan Único nos 67 Concellos con 20 millóns de euros
O Presidente destacou que incluíu no Orzamento un Plan Únicos para todos os Concellos da provincia de 20 millóns de euros. “Distribuiremos estes fondos no conxunto dos municipios da provincia en base a criterios totalmente obxectivos, como xa fixemos no 2016 con máis de 10 millóns de euros. Respectamos a autonomía local dos Concellos, pois cada un ten unhas necesidades concretas ás que atender para responder aos veciños. Deste xeito, serán os municipios os que decidan o destino dos fondos do Plan Único, tendo en conta as políticas de actuación que vimos desenvolvemento nesta Deputación nos últimos anos. É dicir, fixaremos un mínimo para crear emprego, ofrecer servizos sociais e mellorar as infraestruturas. Os municipios poderán decidir en que invisten a parte restante, se para actuacións no ámbito do deporte, da cultura, aforro enerxético, fomento do turismo, da agricultura, gandeiría ou pesca, das novas tecnoloxías…”
1º piar o fomento do emprego e da economía
O Presidente definiu tres piares no Orzamento da Deputación para 2017, que son o fomento do emprego e da economía, das políticas socias e das infraestruturas no conxunto da provincia.
Con respecto ao fomento do emprego e da economía, Campos Conde destina 6 millóns de euros a novas políticas de actuación de fomento do emprego. “Simultaneamente, este ano seguiremos con outras liñas de inserción laboral, como o LUGOWORK de 2 millóns de euros, co que ofrecemos formación e contratos en empresas da provincia a uns 300 mozos lucenses no paro; o Ben Empregado 3, co que financiamos con 2,4 millóns de euros os custos laborais de case 200 novos traballadores; ou o DEPUEMPREGO, co que xeramos 264 novos postos de traballo nos propios Concellos con 3 millóns de euros. Seguiremos sendo, polo tanto, a administración galega que máis inviste na verdadeira xeración de emprego na provincia de Lugo”, destacou.
A de Lugo tamén seguirá sendo a única Deputación de Galicia que asume os custos municipais dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), asumindo con 600.000 euros a contratación dos profesionais que ofrecen esta prestación.
“Cumprimos cos bombeiros da provincia e incrementamos en 330.000 euros a partida correspondente para os custos laborais destes profesionais co obxectivo de equiparar os seus salarios aos dos bombeiros de Ourense. Sempre defendo que polo mesmo traballo e responsabilidade, o xusto é o mesmo salario”, subliñou Campos.
O Goberno da Deputación porá en marcha o Centro de Recría, xerando un mínimo de 10 postos de traballo, que son os mínimos que ten que ofrecer a concesionaria deste servizo.
Tamén impulsará o sector turístico, coas primeiras actuacións do Plan Estratéxico de Turismo, ás que achega 1 millón de euros do novo orzamento.
Destínanse 3,9 millóns de euros ao pulo do deporte na provincia; 6,1 millóns de euros á cultura e á Rede Museística, e 1,3 millóns de euros ao Centro de Artesanía e Deseño.
2º piar as políticas sociais
Con respecto ao fomento das políticas sociais, o Presidente dota de 6,3 millóns de euros o departamento de Benestar, incrementado os seus fondos en 2,1 millóns de euros con respecto ao ano pasado. Mantén a dotación económica para a prestación do servizo a domicilio a custe cero para os Concellos, con 1,5 millóns de euros, que se inclúen dentro do Plan Único. Garante a Teleasistencia gratuíta e ofrece máis prazas, “cando hoxe asumimos as de 1.000 maiores da provincia”, con 350.000 euros.
O Presidente achega preto de 370.000 euros ao funcionamento das residencias e centros de días cuxas obras “temos rematadas ou estamos a piques de rematar: A Fonsagrada, Castroverde, Trabada, Pol e Pedrafita do Cebreiro”, apuntou.
En materia de educación pública, destínanse 1,6 millóns de euros á Escola de Imaxe e Son da TIC, o único centro público da provincia que ofrece ensinanzas superiores no eido audiovisual e con matrícula gratuíta para non repetidores.
Achéganse 350.000 euros ao Plan de Choque do Campus de Lugo. “Incrementamos a nosa colaboración coa Universidades lucenses, pois destinamos outros 650.000 euros á construción da Granxa Experimenta na Granxa Gayoso Castro, e outros 300.000 euros á mellora do Hospital Veterinario Rof Codina, así como ao funcionamento de desta Fundación e da Facultade de Relacións Laborais”. Tamén se colabora coa actividade da UNED con 312.000 euros.
3º piar as infraestruturas
Para a terceira prioridade, as infraestruturas, achéganse 18,4 millóns de euros, cos que mellorar as mesmas, “especialmente no rural, a través de programación como o POS, que dotamos de 5,7 millóns de euros, incluídos no Plan Único cos 67 Concellos”. Destínanse máis de 8,3 millóns de euros á mellora das estradas provinciais e municipais, colaborando e aforrando custos aos Concellos; e preto doutros 2 millóns de euros á outras actuacións de dotación de infraestruturas públicas nos municipios.
“En definitiva, creo que con este orzamento cumprimos cos máis de 300.000 veciños da provincia, destinando 44,5 millóns de euros, que representan o 52% do orzamento, ao fomento do emprego e da economía, das políticas sociais e das infraestruturas, os tres piares fundamentais da miña proposta de Orzamento”.
Gastos de persoal e correntes
A Deputada de Economía remarcou que “mantemos a consolidación e solvencia económica e financeira desta institución, con endebedamento cero, e con orzamentos estableces e saneados. Prevemos pechar o pasado exercicio cumprindo co obxectivo de estabilidade e sustentabilidade financeira, e tamén coa regra de gasto, segundo a senda aprobada no Plan Económico Financeiro 2016-2017”.
“Se ben os investimentos para emprego, políticas socias e infraestruturas nos 67 Concellos ascenden aos 44,5 millóns de euros, representando o 52% do orzamento; os gastos de persoal representan o 29,90% e baixan con respecto ao ano pasado en máis de 600.000 euros. Con respecto aos Gastos Correntes, que representan o 16,61%, apuntar que mantemos a contención destes custos”.






















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



