Santiago, 13 de marzo de 2017.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega poñen en marcha a quinta edición de ‘No bico un cantar’, unha iniciativa na que a música e a poesía cobran protagonismo nas voces dos alumnos e das alumnas dos conservatorios profesionais de música de Galicia e que este ano renden lles homenaxe aos poetas mindonienses.
O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e mailo presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, presentaron esta mañá a actividade, que terá lugar en Mondoñedo o vindeiro día 2 de xuño, cun concerto no que un coro de rapaces e de rapazas dos conservatorios profesionais de música cantarán os versos de Álvaro Cunqueiro, de Antonio Noriega Varela, de Xosé Díaz-Jácome, de Manuel Leiras Pulpeiro e de Aquilino Iglesia Alvariño.
O coro estará acompañado polo quinteto de metais ‘Hércules Brass’, e baixo a batuta do director Maximino Zumalave, que tamén participou no acto, xunto co secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; coa alcaldesa de Mondoñedo, vila que acolle a edición deste ano, e coa vicepresidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez.
Na súa intervención, Román Rodríguez, subliñou a importancia deste evento na medida en que reforza o papel educativo da música e da literatura; que contribúe a fomentar a educación en valores como o traballo en equipo, a responsabilidade e a solidariedade; e que axuda a espallar a cultura e a lingua galegas a través dos seus autores máis representativos.
O conselleiro aludiu tamén a que ‘No bico un cantar’ se inspira na tradición dos xograres medievais, a través do diálogo entre a música e poesía; e aproveitou para lembrar que precisamente un dos cumios da literatura galaico-portuguesa, o Pergamiño Vindel (que recolle as sete cantigas de amigo de Martín Códax), vai estar exposto a partir deste outono no Museo do Mar de Galicia, en Vigo.
Seis poemas cantados
Nesta edición interpretaranse seis pezas doutros tantos autores en versión para coro de nenos e sexteto de metais de Juan Durán para o Consello da Cultura Galega. Trátase dos poemas ‘No niño novo do vento’, de Álvaro Cunqueiro e con música de Luis Emilio Batallán; ‘As froriñas dos toxos’, de A. Noriega Varela e musicado por Eduardo Toldrá; ‘O neno durmía’, de Xosé Díaz-Jácome e música de Antonio Paz Valverde; ‘¡Non o sei!, de Manuel Leiras Pulpeiro e Nico Casal como compositor; e ‘Neniae’, de Aquilino Iglesia Alvariño e tamén musicado por Nico Casal. Coma en todas as edicións, o coro pechará o concerto coa interpretación de ‘Maio longo’, de Rosalía de Castro, e con música de José Baldomir.
Coma todos os anos, estímase unha participación de preto de 500 nenos dos conservatorios profesionais de música da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo; do coro Ángeles de Compostela da Escolanía da Catedral de Santiago; do Coro de nenos da Orquestra Sinfónica de Galicia; e tamén están convidados os alumnos dos conservatorios profesionais de Viveiro e de Vilalba e das escolas de música municipais de Ribadeo e Mondoñedo.
‘No bico un cantar’ púxose en marcha por primeira vez no ano 2013, en homenaxe a Rosalía de Castro cando se cumprían os 150 anos do seu nacemento, e tivo lugar en Santiago. A partires de aí, as seguintes edicións estiveron dedicadas a Manuel Curros Enríquez (celebrada en Celanova), a Ramón Cabanillas (que tivo lugar en Cambados) e aos trobadores (en Cangas).
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



