O colectivo viveirés PENSAMENTO E SEMENTEIRA continúa coa súa programación de actividades. A vindeira consistirá nun debate arredor do novo decreto que está a redactar a Xunta sobre a limitación dos plantíos de eucaliptos. Participarán neste acto, que estará aberto ao público, un representante das asociacións de produtores da comarca e un membro da asociación ecoloxista ADEGA. O acto estará moderado por un xornalista. A data deste debate, aínda por concretar, podería ser nos primeiros días do vindeiro mes de abril e o desenvolveríase no Salón da Biblioteca Municipal de Viveiro.