Gripe Política, non ten mediciña, nin cura. Viveiro, tambén está enfermo. A proba é que en 1887 a comarca que liderábamos tiña 30.590 habitantes, era das zoas máis prósperas de Galicia. Algo se fai mal. Adiántanos ata os Koalas.
Os grupos levan a pleno propostas que sendo aprobadas non se levan a cabo, é papel mollado, traballo e ideas tiradas ó lixo, non viña mal escoitalas e aplicalas. Nos programas dos últimos 15 anos, líamos dende: arranxo das pistas parroquiais, carril bici, fomento do emprego, transparencia, derribar as naves do muelle , potenciación industrial, museos, xacementos , rutas de senderismo, un pxom, unha variante, limpeza e rexeneración de espazos naturais, pistas deporte alternativo, unha ponte peatonal ,impulso á economía , zoas para animais domésticos,… ponies de cores, parole parole, carta ós reis magos. Unha vez pasada a orxía electoral, a tomar o sol, memoria de peixe. Propoño un Notario, o que non cumpra os dous anos fora.
Disto o principal responsable é quen goberna, suspende, como dicía Manquiña en Airbag: “a los hechos me repito”.
¿Pódese ter credibilidade política? Sexamos serios señores.
A sociedade está cansa e ninguén se involucra, falta de compromiso, traballo público, profesionalidade e nivel. Hai quen non tira a toalla e segue no ring. Líderes en perigo de extinción, case a metade dos concelleiros son non natos. Ninguén é profeta na súa Terra.
¡Viveiro no es Marbella! Non o queremos ser, sobran os motivos. A Concelleira tivo unha oportunidade , falar da regularización do aluguer turístico e os pagos a Hacienda para ofertar un Servicio de Calidade, liberdade económica, esos propietarios malignos pagan. Seguimos nas mesmas imos de paseo ás feiras, gasto mal empregado que non pasa da Gañidoira e o pobo segue sen un plan de coidado, embelecemento e promoción dos seus recursos. A gota que colmou o vaso o folleto turístico en inglés cheo de faltas de ortografía, os extranxeiros ríense. Non é o mesmo ser camareiros, que bebernos as copas.
Un piscinazo, un Casino tocado, un 0 en emprego, uns estudos que nos situan na cola da transparencia e na cabeza en impostos municipais en Galicia, un parking onde faltan 20.000€ coma se fora un paquete de pipas e un folleto mal escrito. O título dun capítulo de “La que se avecina”.
Os empresarios queixanse nunca virón un inverno en Viveiro tan conxeado. Menos mal que os hostaleiros, comerciantes e anónimos curran.
Nalgo sí semellamos, cantaban Los Chichos “Que tendrá Marbella, que tendrá la costa, que todo el que llega, allí se coloca, coloca coloca!”