Xove 3-3-17.O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, ten programado un programa de actividades para celebrar o día internacional da muller:
Venres, 10 de marzo: de 17:00 a 19:00 horas, na Oficina de Información Xuvenil, vai desenvolverse un MANNEQUIN CHALENGE. Para participar hai que anotarse antes do 8 de marzo na Oficina de Información Xuvenil.
Domingo, 12 de marzo: a partir das 17:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, X CHOCOLATADA “DÍA DA MULLER”.
Tamén este domingo, 12 de marzo, se lle vai a facer unha homenaxe a Dona Constantina López Martínez, a muller máis longeva do municipio, con 100 anos de idade. O Alcalde, Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira Ana Abad, faranlle entrega dun ramo de frores no seu domicilio.