En Viveiro a 30 de marzo de 2017
Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.
No Pleno do 2 de setembro de 2015 , este grupo municipal fixo un Rogo para a posible colocación dun paso de peóns nunha das entradas de vehículos ó supermercado Gadis ( situado frente ó edificio de Correos ) con beirarrúas e rampa de acceso a minusválidos situada na avenida Ramón Canosa , sendo a resposta da Sra. Alcaldesa que se comunicaría ó Xefe da Policia Local para que se elaborase un informe ó respecto . Como queira que a dia de hoxe, transcurrido máis dun ano e medio, a situación sigue igual e polo que lle PREGUNTAMOS:
1) Elaborouse dito informe por parte da Policia Local?
2) Teñen pensado pintar dito paso de peóns?
3) En caso afirmativo, cando pensan facelo?
Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS para o próximo Pleno , ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:
ROGO : Se reparen as losetas da beirarrúa frente a porta principal do Cuartel da Garda Civil na Misericordia.
ROGO: Despois de cortar a herba e podar as árbores nas zonas axardinadas situadas na rúa Suasbarras da parroquia de Covas, varios veciños desta rúa nos solicitaron que se planten alguhas flores en dita zona verde , podendo facerse extensible a petición a outras zonas verdes do noso Concello.
ROGO: Que se estudie por parte dos técnicos e da policía local , a posible colocación dos siguientes pasos de peóns solicitados por diferentes veciños :
1) Na avenida Cantarrana (Covas) estrada LU-862, entre os edificios Galicia á altura do portal nº 9 e o edificio O Parque portal nº 6 .
2) Na avenida Benito Galcerán en Viveiro, entre a entrada o Colexio San Roque e a entrada principal á Residencia Betania.
ROGO: Se repoñan Seis globos antivandálicos e os equipos eléctricos de Seis farolas de fundición no paseo marítimo Viveiro – Covas.
ROGO: Que se pinten as farolas de fundición da praza do Naúfrago e ata a avenida Vicente Gradaille ( acceso ó Muelle Sur ) na parroquia de Celeiro .
Celestino García Paz
concelleiro do Partido Popular de Viveiro




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



