Ribadeo, 23 de marzo de 2017. O alcalde, Fernando Suárez, pide solucións aos vertidos que desde hai tempo se están a producir ao río Grande, do que se abastece unha parte de Ribadeo, e que ocasionan que en días de chuvia se teñan que pechar as comportas e subministrar auga á veciñanza desde a outra captación procedente do río Eo. Suárez Barcia asegura que na Xunta, no Seprona e na Confederación Hidrográfica do Cantábrico foron informados en reiteradas ocasións desta problemática, sen que se teña adoptado medida algunha para darlle solución. E considera que “se non nos fan caso haberá que acudir a outras instancias”.
O rexedor referiuse hoxe “a estes vertidos que se producen ao río Grande, noutro concello diferente ao noso, pero ao fin e ao cabo de alí a poucos centos de metros. En Ribadeo temos unha captación de auga en Lexoso, á que me estou a referir con esta problemática e a outra está en Vilarbetote, en Trabada, e son as dúas únicas captacións que ten o concello de Ribadeo para o abastecemento de auga para o consumo humano”.
Suárez Barcia dixo: “estou farto, estamos fartos e preocupados e sentímonos desatendidos e humillados porque desde hai máis de dous anos foron incontables o número de envíos de escritos, de comunicacións verbais, pero sobre todo escritas porque o escrito permanece e pódese demostrar, que temos enviado á Consellería de Sanidade, á Consellería de Medio Ambiente, á Dirección Xeral de Saúde Pública, a Augas de Galicia, ao Seprona, á Confederación Hidrográfica do Cantábrico, porque tamén algo teñen que dicir. E ata o de agora non temos ningunha solución”.
O alcalde ribadense sinalou que “eu non entro en multas, nosoutros en Ribadeo o que queremos é ter auga limpa, non queremos multas nin peches, non queremos nada diso. O único que queremos é que poidamos beber auga limpa”. Fernando Suárez manifestou: “debo dicir para tranquilizar á poboación que toda a auga que se bebe en Ribadeo cumpre sempre o Real Decreto 140/2003, que é onde se establecen os criterios sanitarios de calidade de auga para o consumo humano. Outra cousa é que cumprindo eses criterios legais a auga pode ser inmaculada e cristalina ou pode ter algúns elementos que lle fan ter sabor ou olor desagradables, pero sempre cumprindo a regulamentación existente a día de hoxe”.
O rexedor subliñou: “somos moi conscientes que a empresa concesionaria de auga e por extensión o Concello de Ribadeo somos os responsables da auga que vai polo tubo e que sae pola billa nos domicilios dos veciños e das veciñas. Sabemos esa responsabilidade, pero tamén debo dicir que non somos responsables en absoluto nin podemos facer nada na auga que ven polo río e que dous ou tres quilómetros río arriba, xa noutro concello (Barreiros), que non é o noso, se altera con incorporación de lixiviados derivados da fermentación de forraxe destinada para o gando”.
Suárez Barcia engadiu que “non queremos estar por máis tempo con esta intranquilidade de ver como cada vez que chove prodúcese unha alarma xeral aquí en Ribadeo, temos que pechar as comportas na captación de auga xeral de Lexoso e subministramos á veciñanza unicamente do outro punto que temos, que é desde o río Eo, en Vilarbetote, en Trabada. E facémolo a través dunha acometida que ten máis de 40 anos e que rompe unha chea de veces ao ano e que o día menos pensado cando se produza unha conxunción de circunstancias fatais habemos quedar en Ribadeo sen subministro de auga”.
Para o alcalde “isto é intolerable, que no ano 2017 estea a pasar isto. O conselleiro de Sanidade sábeo porque llo dixen verbalmente e por escrito, a conselleira de Medio Ambiente sábeo porque llo dixen verbal e por escrito, o director de Augas de Galicia sábeo porque llo dixen verbal e por escrito, o director de Saúde Pública sábeo porque llo dixen verbal e por escrito, o Seprona sábeo, a Confederación Hidrográfica do Cantábrico sábeo, pero cada vez que chove en Ribadeo somo vítimas de algo que non producimos e ninguén nos axuda, cando están convenientemente advertidos verbal e por escrito. Teremos pois que acudir a outras instancias onde nos fagan caso, porque nós estamos a representar a 10.000 persoas que non teñen por qué soportar esta situación”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



