Burela, 23 de marzo de 2017. O Concello burelés prepara a visita do presidente da República de Cabo Verde, que terá lugar este sábado 25. O alcalde, Alfredo Llano, convidou aos alcaldes da Mancomunidade, e anunciou que lle trasladará ao presidente a solicitude de crear unha oficina de atención aos caboverdianos para a realización de trámites burocráticos desde Burela.
O rexedor contou que “ultimamente estamos preparando xa o que vai ser a recepción do presidente da República de Cabo Verde, Jorge Carlos de Almeida Fonseca. Tamén virá o embaixador, a conselleira e o cónsul de Cabo Verde. Imos ter unha boa representación das institucións caboverdianas e polo tanto imos facer un recibimento como se merece porque pensamos que ten que existir unha moi boa relación con Cabo Verde desde Burela por moitas razóns”.
Alfredo Llano explicou que “imos recibilo no Concello entre a unha menos cuarto e a unha. Faremos unha recepción e asinará no Libro de Ouro. Despois charlaremos un pouco coa xente que estea aquí. Invitei a todos os alcaldes da Mariña que conformamos a Mancomunidade de Municipios da Mariña para que estean na recepción. Penso que é bo que estean aquí, dado que moitos dos concellos da Mariña teñen caboverdianos vivindo nas súas vilas”.
O alcalde burelés dixo que “faremos despois un xantar rápido porque o presidente así o pediu para poder atender despois no auditorio, a partir das tres e cuarto aproximadamente, á súa xente de Cabo Verde.
Alí haberá unha actuación de Batuko Tabanka e de Raventolas e despois se poñerá a falar con todos os caboverdianos que viven aquí tanto en Burela como na Mariña. Unha vez que remate sobre as cinco e media, depende canto tempo lle leve, xa se irá”.
Alfredo Llano subliñou que “é unha honra que o Presidente de Cabo Verde veña a Burela por moitas razóns, por un lado porque sempre é agradable que unha figura desta altura veña visitarnos, e por outro pola vinculación extraordinaria que temos con Cabo Verde, non soamente pola cantidade de inmigrantes que temos aquí e que están perfectamente integrados e regularizados, senón tamén polo intercambio económico e cultural que ultimamente se está a ver e que é moi meritorio que teñamos aí boas relacións”.
O alcalde anunciou que “estiven falando con bastante xente de Cabo Verde que me solicita, e así llo vou facer chegar ao presidente, facer unha oficina en Burela que teña relación inmediata coa embaixada ou co consulado para que poidan facer determinados trámites. Agora para elo teñen que desprazarse a Coruña e nalgún caso a Madrid. Polo tanto imos facer esa proposta de abrir unha oficina de atención ao emigrante de Cabo Verde aquí en Burela, que sexa complementaria dos servizos que están prestando xa desde os consulados ou desde as embaixadas”.





















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



