Burela 27-3-17. Vista Alegre volverá erixirse como o gran baluarte do Pescados Rubén Burela FS este martes na 26ª xornada de Primeira, coa visita do Catgas Energía FS, nun novo pulso de finais por escapar da zona maldita. O encontro, que arrincará ás 21.00 horas, contará cun invitado de luxo na Bancada Laranxa, o seleccionador nacional, José Venancio López Hierro.
“Cando a afección aplaude e anima dános ás e confiamos máis nas nosas posibilidades, por iso volverá ser clave que estea connosco de novo ata o último segundo. Temos que seguir confiando en que co apoio da bancada podemos sacar os tres partidos que quedan na casa como sexa. Hai que sumar xa” dicía confiado o capitán, Edu.
Con pouco descanso o Pescados Rubén, xa deixou atrás as pantasmas do castigo inxusto na visita de Gran Canaria (1-2) para ir a por todas: “Estamos sendo moi positivos; repasamos todo o que fixemos ben o venres contra Canarias e démoslle o valor que ten. Foi o encontro en que máis situacións de perigo e gol creamos e iso é o que temos que transferir e aplicar xa mañá outra vez en Vista Alegre, ademais de manexar pequenos detalles de estratexia defensiva” explicaba o técnico, Tomás de Dios, coincidindo con Edu: “Estamos defendendo ben, nos últimos partidos estamos creando moitas ocasións e temos que seguir así. O resultado do venres foi un pau duro; por ocasións parecía que o partido se ía decantar do noso lado pero non foi así. Tivemos pouco tempo pero xa está todo esquecido para centrarnos no partido de mañá” aseguraba o 1 laranxa.
Os galegos non terán unha tarefa doada por diante, ante o oitavo da táboa. “É un equipo moi bo no xogo dun, con xogadores individuais moi dotados tecnicamente, que dominan as sociedades no xogo. Traballaremos defensas presionantes con defensas en metade de cancha, marcando unha intensidade moi alta no ritmo. Temos que chegar aos instantes finais cun marcador igualado para rompelo ao noso favor” analizaba o técnico laranxa, que en principio dispoñerá de todos os seus efectivos a excepción dos lesionados de longa duración Mata, Chano e Sergio Cora, aínda que Cuco, por enfermidade, e José Carlos, con molestias de costas, poden ser dúbida.
Convocatoria provisional Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Bellvert, 20. Miñano, 21. Cuco, 23. Antoñito, 27. Renato, 30. Hélder, 31. José Carlos
Convocatoria Catgas Energía FS: 31. Prieto, 15. Esteve Plana, 3. Lucas Moreira, 4. Pablo do Moral, 7. Eric Pérez, 8. Dani Salgado, 9. Javi Rodríguez, 10. Sepe, 11. Maxi Rescia, 12. Corvo, 16. David, 21. Sergio González
Semana con moito traballo
Aínda que Catgas é o obxectivo de toda a concentración laranxa, os mariñáns terán outro reto ligueiro esta semana, coa Xornada 27 xa o sábado, na casa do Aspil Vidal Ribera Navarra FS (Ciudad de Tudela, 18.30 horas), 9º clasificado, no que será o penúltimo compromiso lonxe de Vista Alegre esta tempada. “Nesta semana podemos repoñer as perdas dos puntos que sufrimos; é unha semana con dobre oportunidade para desquitarnos dos dous últimos encontros” explicaba Tomás confiando na inmediatez do regreso de puntos para a cuadrícula galega.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
