Burela 19-3-17.Comezou con bo pé o Pescados Rubén Burela o seu duelo co Sportiu Rubí co gol de Dany no minuto 2 de xogo. A pesar do 1-0 as visitantes mantiveron a súa guión de esperar en 15 metros para saír ao contragolpe. As burelistas tiñan a iniciativa do partido pero non atopaban o camiño para superar a defensa visitante. No minuto 6 chegou o primeiro aviso das catalás que desbaratou Jozi. No minuto 9 repetiuse a acción, contragolpe visitante e de novo Jozi gañou a partida, nesta ocasión ante Laia. Reaccionou o conxunto local ante os avisos visitantes pero sen atopar o ritmo necesario para xerar perigo. Un par de lanzamentos afastados de Cilene e Dany activaron ao seu equipo na recta final do primeiro periodo que se despediu con outro contragolpe perigoso do Rubí sen consecuencias.
Ao descanso chegouse co 1-0 e na continuación o Pescados Rubén Burela saltou á pista con maior intensidade e pechando mellor as saídas ao contragolpe do Rubí. No minuto 25 Cilene ampliou a renda local cun disparo potente e raso ante o que Nerea nada puido facer. Co 2-0 a escuadra burelesa tranquilizouse e soubo frear mellor os contragolpes das catalás que non conseguían xerar perigo en ataque posicional. Tras varias acometidas laranxas chegou o 3-0 con Dany outra vez como protagonista, minuto 34, con disparo raso e cruzado. Acto seguido as visitantes optaron polo xogo de cinco e a mellor ocasión foi para o Burela pero Dany atopouse co pau. Insistiu o Rubí con porteira xogadora e o Burela tamén tomou a mesma decisión pero con maior acerto. Cilene cun gran disparo marcou o 4-0 que selou definitivamente o partido.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cilene, Bea Mateos, Shiori -cinco inicial- Judith, Elvira, Lara, Sofía, Silvia.
Sportiu Rubí: Nerea, Tosti, Gloria, Alba, Arantxa -cinco inicial- Domi, Ainoa, Laia.
Goles: 1-0; m.2, Dany; 2-0, m.25, Cilene; 3-0, m.34, Dany; 4-0, m.38, Cilene.
Árbitros: Pérez Torrecilla, Moreira Bermúdez da Coruña. Cartón amarelo a Bea Mateos e Dany do Pescados Rubén Burela. Cartón amarelo a Nerea do Sportiu Rubí.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 21 da Primeira División. Disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 300 espectadores.





















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
