Lugo, 27 de abril de 2017. O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, xunto ao Tenente de Alcalde, Francisco Martínez Bermúdez, e o Presidente do Centro de Iniciativas Turísticas (CIT), Francisco Javier Rois Freijo, así como de pescadores e hostaleiros, presentou este xoves a XXXIX Festa da Troita da Pontenova, que terá lugar os días 29, 30 e 1 de maio no municipio mariñán. O Goberno da Deputación vén apoiando nos últimos anos a organización deste evento, que recibiu no ano 2016 un investimento de 3.400 euros. Do orzamento 2017, o Goberno destinará á Pontenova, no marco do Plan Único, 255.700 euros. E desta cantidade, o Concello achegará 3.000 euros para a Festa da Troita.
Campos Conde subliñou que “esta festa, que comezou no ano 1978 como un concurso de pesca organizado polo Centro de Iniciativas Turísticas, tense convertido nun importante revulsivo económico para o Concello da Pontenova e para toda a zona na que se inscribe. Non en vano, hai xa quince días que se esgotaron as reservas nos hoteis do Concello, e xa se están a encher as habitacións das vilas próximas”.
O evento, declarado Festa de Interese Turístico Galego e Interese Turístico Deportivo Nacional, reunirá ao longo dos tres días a preto de 20.000 persoas que poderán gozar dunha ampla programación, coa degustación de troitas nas casetas, acompañadas con pan e viño, a un prezo de 5 euros; os concursos de pesca nas modalidades de lance, salmón e mosca; así como diferentes actuacións musicais e a entrega das distintas Troitas de Ouro, que recoñecen en cada edición aos persoeiros máis destacados do mundo da pesca.
O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova engadiu que “esta cita é un obrigado encontro gastronómico á par que un evento deportivo de repercusión nacional, posto que xa está confirmada a participación de 120 pescadores nos diferentes concursos. Na pasada edición puidéronse coller pezas de salmón de entre 5 e 8 quilos, e na anterior bateuse o récord coa pesca dun exemplar de 10,5 quilos de peso. O que fai do evento unha cita moi apetecible para os afeccionados da caña e a sedela”.
Programación
Sábado, 29 de abril
– 22:00 horas: Apertura da caseta e degustación de troitas. Verbena a cargo da orquestra Havana Eventos.
Domingo, 30 de abril
– Sesión vermú a cargo da orquestra Costa Dorada.
– 20:00 horas: Entrega pública das distintas Troitas de Ouro
– Selección Española de Pesca a Mosca (Doble campeona do Mundo)
– José Luis Brandón (Organización Concurso Pesca a mosca)
– Programa de TVE Jarra y Sedal (Polos seus 25 anos en antena)
– Irmandamento coa Festa da Solla de Leiro
– 21:00 horas: Pregón a cargo de Antonio Pérez Henares “Chani” (Escritor, periodista e tertuliano de televisión).
– Verbena a cargo das orquestras Costa Dorada e La Fórmula.
Luns, 1 de maio:
– 9:00 horas: Comezo dos concursos de pesca (lance, salmón e mosca).
– 12:30 horas: Actuación banda de música.
– 13:30 horas: Remate dos concursos, pesaxe e clasificación.
– Sesión vermú coa orquestra Trebol.
– 17:30 horas: Entrega trofeos no Salón de Actos da Casa da Cultura.
– 20:00 horas: VII Foliada da Escola de Música de A Pontenova.
– Verbena a cargo da orquestra Trebol.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



