A esquerda ten que aprender a gobernar. E ten que facelo con dúas renuncias: unha, ao seu autoatribuida superioridade moral, esa que nos fai sempre esixir para as nosas actitudes unha comprensión que xamais concedemos ás actitudes dos demais; dous, debe renunciar a uns medos e a uns complexos que nos levaron a aceptar o marco ideolóxico e cultural do Partido Popular.E falo en primeira persoa, porque esta é unha crítica que fago desde dentro, por lealtade, e sen ánimo destrutivo algún, nin sequera con anuncio de retirada de apoio, nin de dar lección algunha, senón simple e llanamente para o que se fai a crítica, que é para mellorar.
Hai un vello chiste que di que todos os partidos políticos menten no seu nome: O Partido “Popular” está cheo de xente antipática, o PSOE defende o capitalismo, en Esquerda Unida e Podemos están a hostias e “Convergencia i Uniu”,ou como se chame ahora, nin converxe cara a nada, nin defende a unidade. Como non podo evitar ser un pouco “listillo”, sempre digo que o único partido político excepción a este chiste é o Partido Nacionalista Vasco, onde non se romperon demasiado a cabeza.
Para despeexar mais a gusto é mellor que vaiamos por partes seguindo a lóxica do chiste:
Democracia: Pensemos en que no seus Congresos Trinufales os nosos partidos xa se queixaban por “férreo control dende a dirección”. Pensemos nos expedientes abertos a calquera que ousase disentir lixeramente dos e das xefazas de turno e os seus métodos. Aínda que tampouco fai falta iso, o único que necesitas é “non querer facerlle reverencias”. Como cidadán, votante e persoa adulta.
E dos novos partidos hai quen di que a irrupción destes no sistema político español é un “sopro de aire fresco”, pero o rodaxe vai demostrando que unha iniciativa creada para gloria dunha soa persoa vai reenchendo as súas filas de tolos, trepas e inadaptados que han ir sendo rexeitados ata polos partidos extraparlamentarios. Xente ansiosa de buscar un oco de poder nun ámbito de nova creación, trolls de internet, fanáticos do Meneame, copypasteadores dos foros e os comentarios de noticias, conspiranóicos e adanistas políticos que, por fin, atoparon un sitio onde poder exercer a súa síndrome de Juan Costa a cambio de asentir a todo o que diga o seu inspirado liderado.
¡O que dá de si un chiste!
Otero Regal


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



