Foz 16-4-17. A asociación cultural A Pomba do Arco vai organizar a segunda edición da súas Xornadas “Sentirmos a Arte”, no marco do Mes das Artes Plásticas da Mariña, na que se recolle una chea de actividades dos artistas plásticos mariñáns, e na que se pode visitar no Cenima de Foz unha exposición de Adri Pardo, Carmen Llonin,Pilar Rei, Lucía Catuxo, Zili Katova,Cris Basanta, Lucía Vila, Eva Rivas,Alicia Puchades e Renata Otero.. A asociación focega realiza unha serie de mesas de debate na que se abordará, como tema principal, o estado actual da arte e que se desenvolveran entre os días 18 e 21 de Abril ás 20.30 horas no salón de actos do Cenima de Foz.
Primeira charla: O oco que non acouga.
O martes 18 de Abril ás 20.30 comezará esta actividade coa intervención de Jorge Salgado Cortizas, arquitecto pola ETSA de A Coruña recibiu diversos premios de arquitectura e de proxectos, participando coa súa obra en diversas exposicións como a Bienal de Venecia 2000, Galicia XXI Architecture Washington 2.004 ou Avance Dunha Continxencia CGAC Santiago de Compostela 2007. Unha vez rematado o relatorio abrirase paso a un debate sobre a mesma no que os asistentes poderán formular ao poñente as preguntas que considere oportunas e debaterase entre os presentes sobre a técnica, a disciplina e as funcionalidades do seu traballo.
Segunda charla: A muller e a arte da resistencia.
O mércores 19 ás 20.30, terá lugar no Cenima a segunda das charlas debate. Nesta ocasión contaremos con Mercedes Rozas, licenciada en Xeografía e Historia, na especialidade de Historia da Arte Moderna e Contemporánea, membro do Padroado do Museo do Pobo Galego e recoñecida e crítica de arte, colaborando nos últimos anos con diversos medios de comunicación. Mercedes Rozas, autora tamén da introdución do catálogo da exposición do “Mes da Arte da Mariña”, destacase no ámbito do comisariado expositivo, sendo a responsábel, entre outras, das exposicións de Carlos Maside, Xulio Maside ou Camiño de Volta, celebrada en 2016 na Casa da Parra.
Terceira charla: A fotografía como xogo creativo.
O xoves 20 ás 20:30 terá lugar no Cenima a terceira das charlas debate. Nesta charla contaremos coa presenza da mariñao Daniel Rio “Caxigueiro”, un dos artistas plásticos máis destacados da súa xeración en Galiza. Caxigueiro, coñecido polos seus traballo no ámbito da cerámica e das instalacións, tense achegado nos últimos anos no campo da fotografía artística, sendo precisamente esta faceta da súa labor creativa a que vai dar coñecer no seu relatorio. A palestra irá acompaña dunha proxección e explicación dalgunhas das súas fotos, onde están presente os elementos procedentes da natureza e da cotideanidade.
Cuarta charla: O noso audiovisual.
O venres 21 ás 20:30 terá lugar no Cenima a cuarta das charlas debate. Nesta ocasión o creador convidado será Olga Osorio Iglesias, fotografa e cineasta vinculada familiarmente á Maruña de Lugo e de xeito moi particular a Santo Acisco do Valadouro. Olga Osorio e unha recoñecida directora galega, merecedora de premios de tanto relevo como o Mestre Mateo, en repetidas ocasións, e no ámbito internacional o cine globe de CERN en Suiza ou o Cortisoni en Italia, estes dous últimos coa curta “Eistein-Rosen”.
A Pomba do Arco quere convidar a toda aquela persoa que se interese un pouco pola arte mariñán a participar nesta interesante actividade que como xa dixemos terá lugar entre os días 19 e 21 de abril ás 20.30 no Cenima de Foz.





















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



