Lugo, 19 de marzo de 2017. O Presidente, Darío Campos Conde, presentou este mércores no Pazo de San Marcos a XXXIV edición da Copa Deputación de Fútbol Memorial Pedro Tapia, que organiza o Executivo Provincial coa colaboración da Federación Galega de Fútbol. Fíxoo xunto ao Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, ao Vicepresidente da Federación Galega de Fútbol en Lugo, Carlos Méndez Moreira, ao Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández Méndez, e ao exfutbolista lucense ao que se dedica o torneo, Pedro Tapia. O organismo provincial inviste nesta iniciativa 100.000 euros. Son uns 15.000 euros máis que nas anteriores edicións pois, en resposta as peticións dos clubes, a institución tamén asume os custos de arbitraxes e desprazamentos. Durante a presentación do torneo, realizouse o sorteo de emparellamentos que terán lugar durante os meses de maio e xuño por toda a provincia.
Campos Conde subliñou que “dende o Goberno da Deputación somos conscientes da importancia de que as institucións públicas apoien e fomenten o deporte base lucense para que este continúe medrando, e entre todos, no futuro, academos grandes éxitos para a nosa provincia. Estamos moi satisfeitos de poder presentar iniciativas coma esta que traballan en favor dos máis novos, inculcando valores tan importantes como a solidariedade, o esforzo e o compañeirismo.”
Por primeira vez nos 34 anos de historia da Copa Deputación de Fútbol, o Executivo Provincial e a Federación Galega de Fútbol, dedican a edición do torneo ao exfutbolista Pedro Tapia, recoñecendo o inmenso traballo e labor realizado polo lucense para que esta disciplina deportiva progresase.
Como novidade, este ano a competición deportiva reúne a equipos de todas as categorías a nivel provincial co obxectivo de promocionar e impulsar o fútbol base lucense. Para facer máis dinámica a Copa Deputación de Fútbol, o sistema de competición será a partido único ata a final. Ademais, a final das categorías Preferente Autonómica e Primeira Autonómica masculina celebraranse o 25 de xuño no Estadio Anxo Carro do Club Deportivo Lugo.
Categorías e grupos de competición
– Preferente Autonómica e Primeira Autonómica masculina (23 equipos)
– Segunda e Terceira Autonómica Masculina (55 equipos)
– Segunda división feminina, Primeira división feminina e Segunda división feminina grupo 1º (3 equipos)
– Pre-benxamín F-8 (27 equipos)
– Benxamín F-8 (40 equipos)
– Alevín F-8 (39 equipos)
– Infantil (26 equipos)
– Cadete (19 equipos)
– Xuvenil (25 equipos)
– Fútbol Veterano (31 equipos)
Premios
A cada un dos finalistas das categorías de fútbol base corresponderalle trofeos e medallas que serán aportados pola Deputación.
– Preferente Autonómica e Primeira Autonómica masculina: 1º clasificado 5.000 euros e 2º clasificado 3.000 euros.
– Segunda e Terceira Autonómica Masculina: 1º clasificado 4.000 euros e 2º clasificado 2.000 euros.
– Segunda división feminina, Primeira división feminina e Segunda división feminina grupo primeiro: 1º clasificado 4.000 euros, 2º clasificado 2.000 euros e 3º clasificado 500 euros.




















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
