Burela, 27 de abril de 2017. A Concellería de Medio Ambiente, a través das monitoras do Centro Gaia, realizou hoxe pola mañá para o alumnado de 4º de primaria do Ceip Virxe do Carme unha actividade titulada Coidado dos animais.
Desde Gaia explican que “a actividade contou cunha parte práctica sobre nocións básicas (auga, comida e vacinas), saídas (recollida de excrementos e uso de correa), convivencia no fogar, seguridade, etc… e outra parte máis práctica de dinámica de adestramento na que participaron activamente os asistentes”.
A actividade foi impartida por persoal cualificado de Entrecanes- Canescola en colaboración co Centro Veterinario A Marosa.
A edil de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, destaca que “a través desta actividade preténdese profundizar no coñecemento do concepto dos animais para xerar n@s nen@s conciencia considerando primordial coñecer as necesidades das nosas mascotas: saúde, hixiene, alimentación e concienciando da importancia que teñen no noso entorno”.