Burela, 4 de abril de 2017. O Concello iniciará este xoves, día 6, os traballos de plantación de 200 árbores autóctonas no Monte Castelo en colaboración coa comunidade de montes.
O alcalde, Alfredo Llano, dixo que “estamos facendo algo que penso vai ser moi importante para a área recreativa de Burela no Monte Castelo. Conxuntamente estamos traballando coa asociación de montes co único propósito de facer moito máis atractiva aquela área”.
O rexedor explicou que “estivemos pensando cómo podíamos mellorar aquela zona conxuntamente coa comunidade de montes, e decidimos plantar 200 árbores autóctonos de Galicia que son carballos, castaños e outro tipo de especies que corresponden ás frondosas galegas. Imos agora plantar en dúas zonas concretas, pero xa está pensado que no futuro imos abarcar máis zona”.
Llano pensa que “van darlle unha singularidade, importancia e vistosidade, e ao longo do tempo vai ser un atractivo extraordinario para o uso e goce de todo o mundo. Nosoutros imos colaborar coa comunidade de montes por un lado institucionalmente, pero tamén imos aportar traballos tales como desbroces e a preparación do terreo. Imos axudar dunha maneira activa para que esta iniciativa se leve adiante da mellor maneira posible”.
O alcalde engadiu que “para facer esta plantación estamos invitando aos colexios, coordinados pola concelleira de Medio Ambiente, Noelia María Ben. Imos levar a alumnos dos colexios dos Castros e máis do Vista Alegre para que poidan ver esta plantación e axuden incluso a plantar algunha árbore. Iso vaise facer o xoves a partir das dez da mañá. Así iniciaremos estes traballos de plantación que van durar uns días, xa que son 200 plantas en principio e que ao final van ser moitas máis”.
Para Alfredo Llano “é unha boa iniciativa que vai facer que esa área recreativa sexa máis atractiva. Esa área no Monte Castelo é extraordinariamente boa para ver todo o litoral desde Burela, abarcando Foz e Ribadeo. É un atractivo turístico que hai que explotar e polo tanto esta iniciativa penso que vai estar en consonancia co noso pensamento do que é o medio ambiente, e tratar de atraer turistas que teñan un certo interese por estes temas”.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



