Burela, 4 de abril de 2017. O equipo de goberno levará ao pleno ordinario deste xoves, 6 de abril, a creación dunha praza de técnico de xestión medio ambiental e a amortización anticipada de 400.000 euros do préstamo do plan de pago a provedores.
O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “é un pleno que leva varios puntos, pero eu destacaría basicamente tres. Un deles é a amortización anticipada do préstamo de refinanciación do que é o plan de pago a provedores. Xa adiantáramos o ano pasado unha cantidade importante e que imos rematar agora xa. Neste pleno imos aprobar a amortización de case 400.000 euros que quedaban pendentes desta débeda”.
Para o rexedor burelés “é importante que o Concello de Burela vaia pouco a pouco sacando adiante os préstamos que tiña concedidos, deste xeito iremos pouco a pouco reducindo a débeda, e conseguiremos que sexa un Concello ben saneado e que todo iso repercuta nunha mellora evidente para os veciños e as veciñas de Burela”.
Alfredo Llano salientou que “outro punto que imos tratar, que tamén consideramos que é moi importante, é a modificación puntual da relación de postos de traballo, para poder crear o antes posible, porque nos fai moita falta no Concello de Burela, unha praza de técnico de xestión que leve os temas de medio ambiente e relacionados con urbanismo. Vai corresponder ao grupo A2 e terá atribucións profesionais importantes como son a relación de informes vinculantes. É moi necesario porque en Burela debido ao seu dinamismo, cremos que é unha praza que hai que cubrir o antes posible. E relacionado con este tema temos tamén que facer unha modificación de crédito para dotar economicamente a esta praza de técnico de xestión medio ambiental”.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



