Foz, 7 de abril de 2017. O Concello de Foz recibiu hoxe, venres, a doazón de catro vehículos para o parque infantil de tráfico por parte da empresa Construcciones Saa.
O xefe da Policía Local focense, Jesús Amor Prieto, explicou: “ao igual que o fixeron no seu día as empresas Seguros Mapfre e Autoescuela Mundial, que colaboraron coa seguridade viaria de Foz coa achega ao parque infantil de tráfico de material como gorras ou chalecos reflectores, hoxe, día 7 de abril, Construcciones Saa, a través do seu director xeral, José Saa Saa, doou ao Concello de Foz catro vehículos destinados ao parque infantil de tráfico”. Ao acto de entrega asistiron o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e o xefe da Policía Local de Foz e director do parque infantil de tráfico, Jesús Amor Prieto, así como os alumnos de Primaria do colexio Cantel, de Foz, que foron os encargados de estrear os vehículos.
Jesús Amor Prieto engadiu que “no acto falouse da importancia desta doazón para o parque infantil, onde unha media de 500 escolares ao ano aprenden as pautas básicas de comportamento na vía pública e poden realizar prácticas de condución nun entorno seguro, emulando aos maiores. Esta actividade cada vez ten máis demanda, non só por parte de escolares e adolescentes da comarca senón tamén de lugares tan distantes como Carral ou Boiro, de A Coruña. No noso parque infantil de tráfico impartíronse ademais clases teóricas e prácticas a asociacións de persoas con discapacidade intelectual, como por exemplo ASPANANE, de Viveiro, ou a Asociación Síndrome de Down de Lugo, non descartando nun futuro ampliar o noso traballo a outros colectivos que así o desexen”.
Prieto comentou tamén que “a Policía Local de Foz participou recentemente nas campañas de concienciación do uso do chaleco reflector, dando charlas ás asociacións de veciños que o demandaron, chegando a realizar, a petición da Jefatura Provincial de Trafico de Pontevedra, unha curtametraxe para concienciar da importancia do seu uso á poboación e un vídeo demostrativo no que se aprecia a importancia da súa utilización e que se está utilizando na nosa comunidade autónoma como apoio nas clases de educación viaria que as Policías Locais de Galicia imparten nos seus correspondentes municipios”.
O xefe da Policía Local de Foz rematou comentando que “co lema Construcciones Saa, apostando pola seguridad vial, os catro karts pasan a engrosar a pequena flota de vehículos da que xa dispón o parque infantil de tráfico e que constantemente necesitan mantemento e renovación. O director xeral de Construcciones Saa, coñecedor do traballo que está realizando a Policía Local de Foz en materia de educación viaria, manifestou o seu firme apoio e agrado por dita actividade, enfocada á educación dos nosos rapaces, futuros condutores e xa peóns das nosas vías, concienciado e convencido de que unha boa educación viaria hoxe é investir no futuro dunha mellor seguridade viaria do mañá”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



