Viveiro 12-4-17. Con motivo da celebración da Semana Santa
– O xoves 12 de abril, a partir das 12:00 horas, establecerase unha vía alternativa para comunicar a rúa Río dos Foles con Rego das Flores, permitindo o paso alternativo mediante os semáforos que permanecerán instalados ata o domingo; esta medida servirá para aliviar a circulación da Avda de Cervantes cando este vial permaneza cortado (esta avenida cortarase o xoves e venres, dende as 18:00 horas e ata a finalización das procesións).
– O xoves 12 e venres 13 de abril restrinxirase o uso das zonas de carga e descarga e estacionamentos (agás as prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida) ubicados na marxe dereita da Travesía da Mariña durante o horario das procesións.
– Durante o paso das procesións que transcurren pola Travesía da Mariña, tanto o xoves como o venres, o tráfico procedente de Lugo pola LU-540 será desviado, á altura da Glorieta de Ferrol, pola Variante.
– Co obxecto de garantir a seguridade das procesións que transcorren pola travesía, contarase coa colaboración do Parque de Bombeiros para a colocación de dous camións que se ubicarán na rúa Navia Castrillón e Avda. de Galicia.
– Ademais do aparcamento habilitado na explanada do Porto Deportivo, dende mañá e ata domingo, tamén se poderá estacionar na explanada da Tesourería Xeral da Seguridade Social, ao lado de Correos. Dende o concello quérese agradecer tanto a Portos de Galicia como aos responsables provincias do INSS por atender as nosas peticións e autorizar que estas dúas zonas sexan empregadas como estacionamento.
A alcaldesa
María Loureiro García























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



