Viveiro 26-4-17. Tras a celebración, o pasado fin de semana, da sétima edición da Carreira por Montaña Montes de Viveiro, CAMOVI, quero felicitar publicamente aos membros da organización polo excelente traballo realizado; preparar un evento deste tipo require un gran esforzo durante moitos meses e entendo que a mellor recompensa é a satisfacción dos participantes e a súa valoración máis que positiva desta proba. Quero destacar, así mesmo, a gran labor de todos voluntarios que colaboraron para o correcto desenvolvemento desta carreira de recoñecido prestixio a nivel estatal e que, cada ano, atrae ata Viveiro a centos de participantes.
A CAMOVI xa forma parte deste municipio e é, sen lugar a dúbidas, unha das citas de referencia no calendario dos seguidores deste deporte. Como acontece con outros eventos, o éxito desta carreira inflúe positivamente no municipio, tanto dende o punto de vista da promoción turística como pola súa repercusión na economía local.
Quero, finalmente, facer referencia á implicación de Viveiro coa CAMOVI, destacando o elevado número de veciños que participaron na proba e ás numerosas persoas que o pasado domingo saíron á rúa para animar aos deportistas desta carreira que se caracteriza pola súa dureza, pero, tamén, polas vista e beleza dos lugares polos que transcorre.
A alcaldesa
María Loureiro García























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



