Viveiro 30-5-17. O pasado domingo celebrouse nas pistas de atletismo Josefina Salgado de Monterrei (Ourense), o Campeonato Galego de Veteráns de Pista ó Aire Libre, contando cunha masiva participación de atletas de todos os clubes de Galicia, unha vez máis os atletas do clube de Viveiro volveron a demostrar o seu estado de forma, acadando un total de 19 metais: 14 ouros, 1 prata e 4 bronces, os medallistas do clube Egovarros de Viveiro neste campeonato, foron:
Na categoría femenina, Begoña de Arriba en W60, acadou o ouro en 100 e 5000 metros e o bronce nos 1500 metros; a súa compañeira Susana Parguiña en W50, foi campiona galega nos 400m e bronce nos 200 metros.
No apartado masculino, destacar os ouros acadados por Antonio Cabana en M75, nas probas de 800 e 5000 metros; Antonio Hernández en M70, tamén campión galego en 800 e 5000 metros; Fernando Ramos en M65, foi campión galego en 100, 200 e 400 metros; Domingo Álvarez en M60, obtivo o ouro en 800 e 1500 metros e prata nos 400 metros; Eliseo López en M65, fíxose co ouro nos 10000 metros; Salvador Patiño en M65 foi ouro en salto de lonxitude; Fermín Pan en M55, bronce nos 5000 metros e Constantino Real en M50 foi bronce nos 5000 metros.
Os demáis atletas que representaron ó clube tamén realizaron boas marcas.
