Ribadeo, 30 de maio de 2017. O público asistente ao XII Ribadeo de Tapeo cos seus votos decidiu que o premio Tapa do Público e o premio Mellor Barra sexa para o hotel restaurante La Villa por “Hai roupa tendida”. A Concellaría de Desenvolvemento Local e Turismo ven de dar a coñecer o resultados das votacións feitas nas urnas instaladas nos locais 52 participantes neste concurso gastronómico.
A entrega dos premios terá lugar o vindeiro sábado, 3 de xuño, ás 20 horas no Cine Teatro. No acto actuarán os grupos participantes na segunda edición dos Cantos de Taberna. Desde a Concellaría de Turismo convidan a asistir a esta cita e engaden “parabéns aos premiad@s e graciñas a tod@s por participar”.
Hai que lembrar que un xurado profesional composto por cinco persoas, que estiveron probando e xulgando as tapas presentadas a concurso o pasado 22 de maio as instalacións do hotel restaurante Voar decidiu que:
O 1º premio fose para El Oviedo (Polbo en salmoira de dashi, escabeche suave de algas e espuma de mar)
O 2º premio foi para A Mirandilla (Gua Bao Mex)
E o 3º premio para o Parador de Turismo (Crocante de bacallau)
O premio Tapa de Ribadeo lévao La Villa (Hai roupa tendida)
O xurado decidiu tamén realizar mencións para: AG Porcillán (¿Quén corta o bacallau?), Fumarel (Empanada aberta) e Marinero (Relaxing bocadillo of calamares in Porcillán)
Tamén hoxe se coñeceron os nomes dos gañadores dos sorteos de agasallos entre o público asistente ao Ribadeo de Tapeo. O listados das premiadas e dos premiados é o seguinte:
ZONA 1
– Unha cea para dúas persoas en A Dorada do Cantábrico por cortesía deste establecemento.
Nome: José Luis Pérez Rodríguez
Localidade: Ribadeo
– Unha cea para dúas persoas no Hostal Bar Costa Verde por cortesía deste establecemento.
Nome: A.Moar
Localidade: Ribadeo
– Unha cea para dúas persoas no Lar de Manolo por cortesía deste establecemento.
Nome: Noel Fernández Rocha
Localidade: Ribadeo
– Unha comida para dúas persoas na Taberna Antón por cortesía deste establecemento.
Nome: Tania Fernández Faílde
Localidade: Ribadeo
ZONA 2
– Unha cea para dúas persoas no Menchina por cortesía deste establecemento.
Nome: Aroa Álvarez
Localidade: Ribadeo
– Unha cea para dúas persoas na Taberna do Náutico por cortesía do Náutico Lounge Bar.
Nome: Begoña Sanjurjo
Localidade: Ribadeo
– Unha cea para dúas persoas en A Dorada do Cantábrico por cortesía de Cafetería la Lira.
Nome: Cibrán Riopedre Moreira
Localidade: Ribadeo
– Unha cea para dúas persoas no Galipizza por cortesía deste establecemento.
Nome: Nadia Queipo Cartoy
Localidade: Ribadeo
ZONA 3
– Unha cea para dúas persoas no Mareta por cortesía deste establecemento.
Nome: Beatriz Álvarez Bouso
Localidade: Ribadeo
– Unha cea para dúas persoas no Prohibido por cortesía deste establecemento.
Nome: Mª Elsa Diaz Pereira
Localidade: Ribadeo
– Unha cea para dúas persoas no Bar Queimada por cortesía deste establecemento.
Nome: Mª Isabel Motoso Fernández
Localidade: Ribadeo
– Unha cea para dúas persoas na Pulpería O Forno por cortesía deste establecemento.
Nome: Manuel Matías Couceiro
Localidade: Ribadeo
ZONA 4
– Unha cea típica brasileira”Picanha” para dúas persoas en La Cuchara de Palo por cortesía deste establecemento. Cheque regalo dos praceiros da Praza de Abastos por cortesía dos mesmos.
Nome: Mª José Rodríguez Arca
Localidade: Ribadeo
– Almorzo matinal para dúas persoas na Cafetería – Cervexaría Delicates por cortesía deste establecemento e unha cea para dúas persoas no Galipizza por cortesía deste establecemento.
Nome: Manuel Fernando Costa
Localidade: Ribadeo
– Unha cea con bodega incluída para dúas persoas na Mirandilla Restaurante por cortesía deste establecemento.
Nome: Daniel Gayoso Rodriguez
Localidade: Ribadeo
– Unha cea para dúas persoas en A Dorada do Cantábrico por cortesía deste establecemento e 2 entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para desfrutar, antes do 30 de xuño, por cortesía deste establecemento.
Nome: Miguel Barcia García
Localidade: A Veiga
ZONA 16
– Unha cea para dúas persoas no Hotel Restaurante La Villa por cortesía deste establecemento e un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento Cienfuegos Bar.
Nome: José Arnau Sánchez
Localidade: Cervo
– Unha cesta de produtos ecolóxicos por cortesía do establecemento Amodiño e unha cea para dúas persoas no Restaurante La Botellería por cortesía deste establecemento.
Nome: Pedro Enríquez Torres
Localidade: Ribadeo
– Un bono con 2 Menús Parador para dúas persoas por cortesía deste establecemento e 2 entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para desfrutar, antes do 30 de xuño, por cortesía deste establecemento.
Nome: Sandra Murias Borrajo
Localidade: Ribadeo
– Un arroz caldoso para dúas persoas en La Quinta por cortesía deste establecemento e 2 entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para desfrutar, antes do 30 de xuño, por cortesía deste establecemento.
Nome: Fco.Javier López Gayol
Localidade: Ribadeo






















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



