Foz, 8 de maio de 2017. A concelleira de Cultura en Foz, Silvia Blach Cuesta, ven de presentar a súa renuncia por non poder compatibilizar ese labor coa súa dedicación profesional como guía da basílica de San Martiño, que cada día recibe máis visitantes e polo tanto precisa maior atención. O novo concelleiro de Cultura será Ánxel Paleo, quen xa ocupou ese cargo no anterior mandato.
O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, anunciou que “o equipo de goberno reuniuse para anunciar un cambio dentro da súa estrutura, neste caso na Concellería de Cultura e Educación. A nosa compañeira Silvia Blach é a responsable de Cultura nestes dous últimos anos, pero tamén é a persoa que dedica practicamente o cen por cen da súa actividade profesional a ensinarnos a basílica de San Martiño de Mondoñedo. Como felizmente ese lugar está a ser agora mesmo un referente, está tendo uns datos de visitas e de atención que están batendo récords, chega un punto no que practicamente necesita o cen por cen da actividade persoal e profesional de Silvia”.
O rexedor engadiu que “ademais estamos no momento de elaborar a programación do verán e vai ser moi difícil atender ao cen por cen as actividades de San Martiño de Mondoñedo e por outro lado seguir co resto das múltiples actividades culturais que terá o noso concello durante todo este verán. Eses son os únicos motivos que existen, moi a pesar nosa porque estamos moi contentos coa faceta de Silvia pero sabemos que é lóxico. É unha decisión que toma non pensando no tema persoal senón en que o Concello necesita atención con moitas horas”.
Javier Castiñeira anunciou que “o seguinte na lista é Ánxel Paleo, que non é un descoñecido posto que nos dous últimos anos da lexislatura pasada foi o concelleiro de Cultura e será quen substitúa a Silvia”.
O alcalde recalcou que “dende o equipo de goberno o único que podemos é dar as grazas a Silvia Blach polo seu labor. Foi moi difícil porque nestes dous últimos anos San Martiño tivo unha explosión enorme, moito grazas precisamente ao seu traballo. Ese era un dos obxectivos ao incluíla no noso equipo de goberno: tratar de proxectar San Martiño. Creo que o conseguimos pero agora San Martiño necesita máis atención sen deixar de lado toda a actividade cultural que ten o noso concello. Agora Ánxel vai asumir esas responsabilidades que xa ten coñecidas e polo tanto estamos contentos”.
Ademais Castiñeira fixo público “o máximo agradecemento á persoa de Silvia Blach pola dedicación nestes dous últimos anos ao Concello”.
Pola súa banda Silvia Blach manifestou: “o motivo da miña renuncia, evidentemente ademais dos motivos persoais que me rodean, é tamén a atención que eu penso que se lle ten que dar á Concellería de Cultura. É moi importante o traballo na basílica e cada día aumentamos máis. O ano pasado tíñamos un 20 por cento máis de visitas no templo e este ano contamos con outro tanto ou máis. Por tempos é imposible estar nun lugar e outro á vez. A Concellería de Cutura absorbe moitísimo tempo de dedicación e eu non podo estar todo o que eu quixera aquí e alí. Así que penso que o mellor é centrarme no que agora mesmo é o máis importante para min, que é o meu traballo na basílica de San Martiño. Os dous anos que pasei aquí son moi importantes para min, son moi enriquecedores. Dediqueime penso que con todo o meu esforzo. Espero que o fixera todo o ben que o pobo de Foz o merece e con moito desexo de que todo o mundo quedara contento”.
Blach salientou: “deixo a Concellería nas mellores mans. Ánxel xa ten esa experiencia que eu non tiña cando entrei, así que evidentemente penso que non vai haber ningún problema; todo o contrario, vai ser unha continuidade sen escollo ningún e que esperemos que resulte beneficioso para o pobo de Foz”.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



