O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Educación e Cultura, José Díaz, asistiron á concentración celebrada na praza do Concello en contra da violencia machista que nas últimas horas acabou coa vida de tres mulleres neste país. Varios veciños e veciñas de Burela así como persoal municipal acompañaron tamén á asociación Mulleres en Igualdade neste novo acto de condea cara esta lacra social.
