Burela 8-5-17. A Sociedade Cultural recreativa musical “Ledicia” de Burela, convoca un concurso de carteis co gallo da celebración da XXXIII feira do bonito que tera lugar o vindeiro 5 de agosto de 2017 na explanada portuaria da localidade.
B A S E S
1. Poden participar tódalas persoas que o desexen.
2. Convócase o concurso en dúas categorías:
• Categoría A: concursantes ata 14 anos.
• Categoría B: concursantes maiores de 14 anos.
3. O tema debe ter -necesariamente- relación co bonito e/ou co ensalzamento da Feira.
4. O encabezamento do traballo será: XXXIII Feira do Bonito, e deben aparecer tamén o lugar e a data de celebración da mesma: Burela, 5 de agosto de 2017.
5. A técnica a empregar é libre, pero no caso de traballos que se presenten en soporte informático, deben acompañarse dun exemplar impreso.
6. As medidas para os traballos son:
• Cat. A: 15 x 20 cm.
• Cat. B: 50 x 65 cm.
7. Cada autor pode achegar un ou varios traballos, sen asinar e acompañados dun sobre pechado cos seus datos no interior e a categoría na que participa no exterior.
8. Os orixinais poden entregarse ata o día 7 de xuño de 2017 no local social de Ledicia, ben por correo (Rúa do Ril nº 4 entr/baixo 27880 – Burela), ben de xeito persoal os mércores entre as 20:30 h e as 22:30 h
9. Premiarase un traballo por categoría; correspondendo o gañador da Categoría A ó programa de man; e o da Categoría B ó cartel anunciador da Feira
10.Os premios consistirán en obsequios representativos da Feira e entregaranse o día de celebración da mesma.
11.Tódolos orixinais quedarán en poder da S.C.R. Ledicia.
12.A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



