Viveiro, 5 de maio de 2017-. A edición 2017 do Correlingua na Mariña, carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo, Santiago e Ourense xunto coas Deputación de Lugo, A Coruña e a de Pontevedra, foi presentada esta mañá no Concello de Viveiro.
No acto participaron Mari Carmen Franco, concelleira de educación, en nome da alcaldesa de Viveiro , -concello que este ano acolle o Correlingua-, Mónica Pazos, en representación da Mesa pola Normalización Lingüística, Dores Fernández Abel, da CIG-Ensino e coordinadora da actividade, representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística dos centros de Viveiro e un representante dos ciclo de Animación de Actividades Físicas e Deportivas, do IES Monte Castelo, todos eles colaboradores da edición deste ano da carreira en defensa do idioma galego.
Dores Fernández Abel, coordinadora da actividade na Mariña, explicou que este ano participarán máis de 2000 alumnos e alumnas de varios centros da Mariña, concretamente 2100, tanto de infantil e primaria como de secundaria, unha cifra record. Por terceiro ano, o Correlingua terá carreira de verdade, aínda que non competitiva, na que se inscribiron máis de cerca de 500 rapazas e rapaces; o resto fará un paseo desde a o campo de futbol até a Praza Maior, lugar do festival final. Nesta edición contarase cun espectáculo musical deseñado exclusivamente para as e os máis pequenos, a conta de Ce Orquestra Pantasma, mentres os máis grandes estarán correndo ou camiñando pola nosa lingua.
Para a mencionada carreira están a colaborar distintos comercios e estabelecentos de Viveiro, tanto no avituallamento como nos premios á gañadoras e gañadores.
Na festa final da Praza Maior, un grupo de alumnos e alumnas do CEP Lois Tobío darán lectura ao manifesto gañador deste ano, e actuará un dos grupos gañadores do Cantalingua, outro dos certames do Correlingua, o de Alberto Sobrado. Tamén haberá animación musical no paseo a cargo dun pequeno grupo do IES de Foz.
Nesta edición contaremos para conducir o acto da festa final coa actriz Isabel Risco.
O Correlingua iníciase no primeiro trimestre do curso coa publicación do lema e as inscricións nos diferentes concursos. O alumnado elabora as súas propostas para estes no segundo trimestre. A participación nestes certames permítelle ao alumnado reflexionar sobre a situación do noso idioma e crear os seus propios argumentos para defender o seu uso. Finalmente, no terceiro trimestre e no mes de maio, celébranse as carreiras pola lingua que percorren todo o país.
Varios participantes na presentación do Correlingua incidiron na importancia de contarmos con actividades normalizadoras, que promovan a reflexión sobre a situación do noso idioma e incidan na sensibilización no seu uso, como mecanismo imprescindíbel para o seu futuro, algo especialmente necesario no actual contexto en que os datos estatísticos inciden na perda de falantes do noso idioma, e na que cada vez é menor o seu uso como lingua vehicular no ensino, consecuencia directa da entrada en vigor da LOMCE. Entendeuse que o Correlingua é un dos proxectos cos que se consegue aglutinar un número moi alto de mocidade arredor dun elemento común, creado polo noso pobo, como é o galego.
A Coordinadora do Correlingua agradeceu aos Equipos de Dinamización Lingüística dos centros o seu empeño e ánimo para con esta actividade, ao igual que o resto dos colaboradores, en especial ao anfitrión deste ano, o Concello de Viveiro, que pon a disposición da organización todo o necesario para que a actividade poda levarse a cabo con total normalidade.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



