Cervo, 10 de maio de 2017.- O Concello de Cervo convidou á Secretaria Xeral Para o Deporte, Marta Míguez, a coñecer as instalacións deportivas do municipio, e a aposta deste equipo de Goberno pola práctica deportiva no seu conxunto.
Deste xeito, acompañada do alcalde, Alfonso Villares, do edil de Deportes, José Ramón Soto, e do Xefe Provincial de Deportes, Manuel Cadramón, visitou a Piscina Olímpica municipal de San Ciprián, e o complexo deportivo da Veiga.
Villares quixo poñer en valor a colaboración entre ambas institucións “para seguir a promover eventos deportivos de primeira orde no Concello, que conta cunhas instalacións privilexiadas para elo”.
O rexedor recordou que con carácter periódico celebramos competicións de renome nas instalacións municipais, como o Campionato Galego de Natación de Inverno nas categorías infantil e junior, que organizamos a finais de febreiro, e que foi todo un éxito de público e de participación, nun emprazamento municipal de excepción, porque é a única pisicina olímpica da provincia de Lugo, e das poucas que hai en Galicia destas características.
E tal e como lle trasladou á Secretaria Xeral para o Deporte, “esa é a filosofía deste equipo de Goberno, que ten adquirido un firme compromiso co fomento do deporte no seu conxunto, facendo unha aposta decidida en todas as súas facetas, co obxectivo de aproveitar ao máximo os equipamentos deportivos dos que dispoñemos, e brindándolle aos nosos veciños unha oferta ampla e variada, e esa é a liña sobre a que seguiremos a traballar nos vindeiros meses”.
Logo da visita, asistiron a un encontro do Nacional Junior Feminino de Baloncesto, que se está a celebrar no Pavillón da Veiga.
Villares fixo un balance moi positivo do que deu de si, ata o de agora, esta competición que hoxe celebra o seu último día na sede de Cervo, e que está a mover moitísima xente de feito –engadiu-, “o ambiente nas bancadas foi sempre de excepción, e polas rúas do Concello estamos a ver como os equipos e os afeccionados, aproveitan os períodos de lecer para coñecer o noso Concello, e os servizos que ofrece a nosa hostalería”.
Villares quixo agradecer unha vez máis a labor dos voluntarios, que están a traballar sen descanso para que todo saia á perfección, convertindo o Pavillón da Veiga nun emprazamento do máis acolledor e agradable para gozar do mellor baloncesto”.
Deporte base
O edil de Deportes, José Ramón Soto quixo incicir pola súa banda no compromiso do Goberno de Cervo co deporte base “xa que son máis de 200 os pequenos que forman parte das Escolas deportivas municipais, e que participan nas diferentes actividades que se organizan”.
E xa estamos a traballar –engadiu- “nunha completa programación para as tardes de verán, para que os rapaces do noso Concello sigan a practicar a actividade deportiva, como é o fútbol, o padel, volei praia, rutas de kayaks, ou basket 3*3”.