Lugo, 10 de maio de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia López, avanzou este mércores que foron 500.000 euros do Orzamento de 2016 os que o Goberno Provincial achegou ao Concello de Mondoñedo co obxectivo de mellorar o conxunto dos servizos públicos aos 3.400 veciños deste municipio.
Campos Conde e Candia López supervisaron algunhas das actuacións financiadas, comezando pola rehabilitación do casa do escritor Álvaro Cunqueiro. Trátase dun inmoble privado, que foi cedido temporalmente ao Concello e para o que os veciños demandan a súa titularidade pública para o seu desfrute, pois estase a arranxar con fondos públicos. O conxunto das obras de remodelación contan cun total de 308.000 euros provinciais, que se distribúen en varias anualidades. No 2016, foron 170.000 os achegados polo Goberno da Deputación.
Melloras no rural
A continuación, o Presidente e a Alcaldesa comprobaron o resultado dos traballos executados en accesos viarios a 8 núcleos rurais de 5 parroquias: Masma, Arco, Ferrería, O Casa, Couto da Recadieira, Tronceda, Estelo e Lousada. Son actuacións financiadas polo Executivo Provincial con case 50.000 euros, que benefician de xeito directo aos 300 veciños que viven en ditas localidades.
O titular provincial e a rexedora tamén supervisaron o resultado das melloras levadas a cabo nos alumeados públicos de 5 barrios, os de Coruxeiras, Pelourín, Avenida Eladio Lorenzo, Seivane e Couto de Outeiro. O Goberno da Deputación financiou con máis de 20.300 euros a dotación de puntos de luz de baixo consumo. Este novo equipamento reducirá nun 80% a factura da luz anual, supoñendo un aforro de máis de 7.000 euros ás arcas municipais; ao tempo que contribúe á mellora deste servizo público aos 250 veciños que viven en ditas zonas.
O Goberno da Deputación investiu en Mondoñedo outros 87.700 euros na mellora de servizos públicos en zonais rurais, favorecendo a actividade agrogandeira. Con este investimento, recuperáronse terras abandonadas, creáronse invernadoiros, melloráronse accesos públicos, arraxáronse traídas de auga e restauráronse centros sociais, que tamén foron equipados con dito investimento.
Servizos Sociais
O Goberno da Deputación atende a 84 maiores de Mondoñedo aos que a Xunta non presta esta atención profesional. O Executivo Provincial faino a través do Servizo a Domicilio a non dependentes, que financia con 21.700 euros e que permite a asistencia de 67 veciños; así como coa Teleasistencia gratuíta, da que dispoñen outros 17 veciños deste municipio con limitacións en canto a súa autonomía.
Emprego
O Executivo Provincial financia con case 42.000 euros os custos laborais pola contratación de 4 desempregados lucenses que reforzan as prestacións públicas municipais a través do DEPUEMPREGO, o plan de emprego do Goberno da Deputación nos Concellos de menos de 20.000 habitantes. Grazas a este plan, en Mondoñedo traballa unha educadora familiar de apoio ao departamento de Xuventude para labores vencelladas á prevención de drogodependencia e de utilización responsable das redes sociais; un axente de desenvolvemento turístico que atende a Oficina de Turismo da cidade; un peón para reforzar o servizo de acondicionamento das rúas do casco histórico; e un axudante de animador cultural e deportivo, que apoie ao técnico de deportes co que conta o Consistorio.
Impulso do turismo
O Goberno Provincial fixo que a Deputación continúe sendo a principal promotora e impulsora de citas punteiras en Mondoñedo, como as Feiras da San Lucas, considerada unha das citas de gando cabalar máis antiga de Europa; e o Mercado Medieval, que reúne a milleiros de persoas; así como de recursos turísticos, como as Covas do Rei Cintolo. O Executivo Provincial achegou á celebración da 25 edición do Mercado Medieval 32.000 euros; ás Feiras das San Lucas outros 25.000 euros; e 20.000 á posta en valor das Covas do Rei Cintolo, supoñendo un total de 77.000 euros.
Pulo á cultura e ao deporte
Foron outros 26.300 euros os que o Goberno da Deputación achegou aos veciños de Mondoñedo para dinamizar socialmente ao Concello con actividades culturais e deportivas. Por exemplo, dende a súa creación, o organismo provincial financia en solitario con 6.000 euros os premios de poesía Leiras Pulpeiro e Díaz Jácome. O Executivo Provincial colabora co tecido deportivo mindoniense con axudas que superaron os 18.000 euros no 2016.
























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



