Cervo, 30 de maio de 2017.- O Concello de Cervo presentou este mediodía entre a mocidade a programación das noites alternativas de verán, que se celebrarán nos meses de xullo e agosto.
O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, trasladáronse hoxe ata o IES Marqués de Sargadelos para entregarlle aos rapaces os dípticos informativos que se editaron con toda a información de actividades, horarios e datas, para animalos a participar nesta cita xa consolidada dentro da programación do Concello.
Deste xeito as actividades deportivas terán lugar ao longo deses meses de xullo e agosto, en horario de 22:00 horas a 00:30 horas.
Tal e como explicou Villares “pensamos nunha oferta ampla e diversificada, unha proposta alternativa de ocio para que os rapaces e rapazas teñan acceso a diferentes disciplinas deportivas e practiquen tamén deporte durante o verán, durante o tempo de ocio, promovendo así hábitos de vida saudables”.
Así, haberá fútbol praia, fútbol 3*3, fútbol 7, rutas en kaiaks, volei praia, basket 3*3, pádel, unha noite do patín, noites de orientación e xogos.
As actividades desenvolveranse na praia do Torno, na Praza do Souto, de Cervo, na Praza dos Campos, de San Ciprián, e nas instalacións do complexo deportivo da Veiga.
As inscricións, abertas a todos os mozos e mozas do Concello de Cervo, pero tamén a todos aqueles visitantes e veciños da contorna que desexen participar, realizaranse o primeiro día de cada actividade, en horario de 21:00 a 21:30 horas.
Todas as actividades son de balde, e fixaranse diferentes categorías a partir dos 8 anos (sub 10, sub 12, sub 15, sub 17 e Senior).
O rexedor destacou “o compromiso do Concello de Cervo coa práctica do Deporte no seu conxunto, e un claro exemplo delo son as múltiples actividades que programamos durante todo o ano, non só en temporada lectiva, senón tamén durante o verán, para que os rapaces poidan tamén aproveitar o bo tempo para facer deporte ao aire libre e compartir tempo de ocio con otros compañeiros e compañeiras”.
En todo momento as actividades estarán supervisadas e dirixidas por monitores cualificados.






















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



