Lugo, 9 de maio de 2017. A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentou este martes no Claustro do Museo Provincial de Lugo, a programación de actividades, que o Goberno da Deputación ofrece, de xeito gratuíto, durante o mes de maio, co gallo do Día Internacional dos Museos, que se celebra o vindeiro 18 de maio. Este ano o lema escollido polo ICOM Internacional, é Museos e historias controvertidas. Dicir o indicible en museos. Con esta iniciativa, o Consello Internacional dos Museos, busca que os Museos establezan un diálogo entre distintos interlocutores e exerzan un papel activo, e no seu caso reconciliador cos feitos e historias traumáticas, memorias feridas, do pasado.
García Porto destacou que “durante todo o mes de maio, o Goberno da Deputación, ofrece gratuitamente, actividades, obradoiros ou exposicións, dirixidas a todas as idades, co obxectivo de fomentar e impulsar o traballo que realizamos nos 4 museos da Rede Museística durante todo o ano, ao mesmo tempo que dinamizamos as visitas ás nosas coleccións e salas expositivas. Ademais, dentro desta programación, contaremos cun conxunto de traballos do debuxante galego Luis Davila, co fin de colaborar na promoción e difusión da obra deste artista pola provincia.”
Programación
Museo Provincial de Lugo
– O 12 de maio ás 11:30 horas, obradoiro nós+outrxs en rede, con Julio Leira, dirixido aos pacientes de Cogami e As Rioplatenses.
– O 17 de maio ás 13:00 horas, espectáculo de marionetas O agasallo de Anya, por Teatro Marionetas Trécola. A entrada é libre ata completar o aforo.
– O 18 de maio ás 19:00 horas, obradoiro Humor do país por Luis Davila.
– O 18 de maio ás 20:00 horas, inauguración da exposición Humor do páis do artista Luis Davila. Esta mostra vai a estar exposta nos 4 museos da Rede Museística.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
– O 20 de maio terá lugar a actividade Noite dos Museos, dirixido ao Club Pequeamig@s, no que os rapaces realizarán actividades e pasarán a noite no museo.
– O 27 de maio ás 12:00 horas, presentación da exposición/obradoiro Humor do país, por Luis Davila.
Museo Provincial do Mar
– O 19 de maio ás 18:00 horas, presentación da exposición/obradoiro Humor do país, por Luis Davila.
Museo Provincial do Mar
– O 19 de maio ás 18:00 horas, presentación da exposición/obradoiro Humor do país, por Luis Davila.
Museo Pazo de Tor
– O 13 de maio ás 12:30 horas, presentación da exposición/obradoiro Humor do país, por Luis Davila.
– O 19 de maio ás 11:30 horas, obradoiro nós+outrxs en rede, con Violeta Bernardo, dirixido aos integrantes de Ágora-Monforte.
– O 20 de maio ás 11:00 horas, obradoiro A horta de Tor, dirixido ao Club Pequeamig@s, no que plantarán produtos autóctonos, como tomates, pementos, ou patacas, entre outros.
– O 20 de maio ás 11:00 horas, obradoiro de Xogos tradicionais, dirixido ao Club Pequeamig@s, no que practicarán distintos xogos.
– O 25 de maio ás 16:30 horas, obradoiro de Álbum de Memoria, no que participarán os usuarios do xeriatrico do Concello de Monforte de Lemos, no que realizarán distintas actividades enfocadas en traballar a memoria.
ICOM
O Consello Internacional de Museos (ICOM) é unha organización internacional de museos e profesionais, dirixida á conservación, mantemento e comunicación do patrimonio natural e cultural do mundo, presente e futuro, tanxible e intanxible. Creado en 1946, ICOM é unha organización non gobernamental (ONG), que mantén unha relación formal coa UNESCO e ten status de órgano consultivo do Consello Económico e Social das Nacións Unidas
A Rede Museística da Deputación, súmase a iniciativa deste ano da ICOM, cunha proposta que ten como motivadores dese diálogo obxectos expostos no Museo Pazo de Tor cuxa interpretación puidera ser controvertida. Trátase de solicitar a axuda voluntaria da comunidade para discutir e compartir ideas en beneficio do colectivo. Un traballo interactivo, para obter a máxima información posible sobre os obxectos ou pezas que se sometan a discusión. O Goberno da Deputación escolleu o Museo Pazo de Tor por tratarse dun museo monográfico, que conta con obxectos susceptibles de discusión en comunidade: fotos, medallas, vestiario de carácter militar, panfletos, folletos de propaganda de diferentes ideoloxías, mostras (cadros, postais, libros), produto de viaxes dalgúns membros da familia a lugares referenciais da burguesía pacega.
Nos vindeiros días abrirase un espazo dentro da www.redemuseistica.com, na sección do Museo Pazo de Tor, coa información básica, incluída fotografía, sobre os obxectos previamente seleccionados que se propoñan para a discusión. Os participantes poderán remitir por mail (pazodetor@museolugo.org) ou enviar arquivos (texto, audio, vídeo ou foto) a través de WeeTransfer, que axuden a completar o discurso sobre o obxecto escollido, contribuíndo así a interpretalo desde unha pluralidade de puntos de vista, sempre con ánimo construtivo.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



