Barreiros (Lugo), 30 de maio de 2017.- A Voceira do Grupo Socialista en Barreiros, Mari Carmen Veiga criticou que o Alcalde de Barreiros non lle pareza importante, nin urxente debater na sesión plenaria sobre os investimentos da Xunta ou sobre ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na nosa vila.
Veiga fixo esta afirmación trala celebración plenaria ordinaria do mes de maio, e na que presentou dous mocións in voce, coas que reclamaba por un lado instar á Xunta de Galicia a que cree un Fondo de Participación que garanta que todos os Concellos reciban de xeito obxectivo e equitativo recursos da administración autonómica, similar ao Plan Único da Deputación de Lugo, do que este ano vai percibir un total de 255.727 euros.
Ademais a voceira socialista demandou, mediante outra moción rexistrada in voce, sobre a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico en Galicia. Nesta proposta demandase modificar nos termos precisos o Decreto 12/2017, polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia. Así como adiar a entrada en vigor do Decreto 12/2017, polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia, polo menos en seis meses ata a súa modificación, de tal xeito que recolla os requirimentos da CNMC, en moitos casos coincidentes coas peticións do propio sector, evitando dese xeito a interposición de procesos xudiciais que obriguen finalmente á modificación do decreto.
“Estas dúas mocións non tiveron o respaldo do Goberno do PP para que foran debatidas e saír adiante; entendemos que o Alcalde de Barreiros está máis preocupado polos vindeiros xuízos que ten pendentes, que por atender aos problemas dos veciños de Barreiros”, replicou.
A maiores no Pleno preguntou polo Campus de Baloncesto que se celebrou no Concello en pasadas edicións. “Segundo constatou o propio Alcalde este ano ese evento deportivo trasladarase a Mondoñedo, xa que segundo explicou Fuente Parga, hai unha Alcaldesa que ten moitos cartos para sacalo adiante”, explicou.
Depuradora de San Miguel
Outro dos asuntos tratados foi a depuradora de San Miguel, e lembrou que o Grupo Socialista rexistrou unha emenda aos orzamentos da Xunta de Galicia, por un importe de 250.000 euros para a 1º fase desta infraestrutura, pero que foi rexeitada polo PP.