Lugo, 12 de xuño de 2017. A Fundación TIC da Deputación de Lugo e a Xerencia Integrada de Lugo, Cervo e Monforte do SERGAS promoverán hábitos saudables entre os habitantes da provincia a través de produtos audiovisuais elaborados por alumnos e bolseiros da TIC baixo a supervisión de profesionais. O patrón da TIC e Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, e o xerente da Xerencia Integrada, Ramón Ares Rico, asinaron este luns un convenio de colaboración que tamén inclúe a realización de traballos informativos sobre o funcionamento dos servizos dos centros sanitarios así coma dos actos de conmemoración do Día Internacional de Enfermería.
Labor social dos profesionais sanitarios
Santos dixo que “con este acordo queremos difundir o importante labor social dos profesionais sanitarios na promoción de condutas e hábitos saudables entre os lucenses, fundamentais para previr enfermidades e ter unha boa calidade de vida”. Ademais, o patrón da TIC afirmou que “esta é unha oportunidade máis para que os alumnos e titulados en prácticas da nosa Escola de Imaxe e Son leven á práctica os seus coñecementos en realización e produción nun escenario real”.
A TIC cos lucenses
Con este acordo supéranse os 170 convenios de colaboración que a TIC ten asinados con organizacións sen ánimo de lucro da nosa provincia. A entidade presidida por Darío Campos desenvolve parte do seu labor social a través da colaboración con asociacións que traballan a prol dos veciños e veciñas da provincia.























A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A actividade conta coa colaboración do Concello.



