Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2017.- Un total de 163 emprendedores que impulsan 124 novos proxectos empresariais comezarán a próxima semana as actividades de formación, asesoramento e titoría nos espazos coworking impulsados mediante a colaboración aberta entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, e a Escola de Organización Industrial (EOI).
Comeza a desenvolverse, deste xeito, a segunda convocatoria dos espazos coworking en espazos cedidos polos concellos ou pola propia Xunta en Cabana de Bergantiños, Ferrol, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Santiago de Compostela e Celanova. A nova aposta de Galicia polo emprendemento súmase á correspondente á primeira edición, que remataron 139 emprendedores con 119 proxectos que, na maioría dos casos, xa son empresas en funcionamento.
Entre os proxectos impulsados ata agora figuran iniciativas como Stardrones, que ofrece servizos tecnolóxicos por radiocontrol con drons; a Sociedad Cooperativa Galega Terras da Mariña, centrada no envasado e comercialización da IXP Faba de Lourenzá; Alazia Couture, que se centra no deseño, fabricación e comercialización de pezas de moda con tecido ecolóxico; Work on Sunday, unha axencia especializada en xestión cultural; unha axencia de turismo online como Galiwonders; unha empresa de distribución de produtos agropecuarios ecolóxicos, Casa da Fonte; ou una iniciativa que oferta servizos integrais de asistencia para dependentes, Vitaser.
Como os emprendedores que participaron na primeira edición, os que participan na que comeza a semana próxima poderán recibir, durante os próximos cinco meses formación, titorías e asesoramento personalizado para a aceleración dos proxectos, así como facilidades para o acceso aos medios necesarios para desenvolver as súas ideas de negocio.
O obxectivo prioritario das iniciativas de coworking é acelerar os procesos de maduración, implantación e desenvolvemento de proxectos empresariais, así como a creación de emprego sobre o territorio, incrementando a probabilidade de éxito das ideas impulsadas polos emprendedores e facilitando a súa posta en marcha e a súa consolidación temperá.
No marco desta nova actuación de aceleración de proxectos empresariais, desde a semana próxima e durante os vindeiros cinco meses haberá espazos de emprendemento novamente activos en Cabana de Bergantiños, Ferrol, Monforte, Mondoñedo, Celanova e Santiago. En cada unha destas sedes prevese que haxa outras dúas edicións durante o ano que vén.
























A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



