Lugo, 29 de xuño de 2017.- O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda abriu os prazos para optar a cinco programas de axuda destinados a fomentar a rehabilitación de vivendas, que suman un orzamento de 7,7 millóns de euros.
Balseiro invitou aos lucenses a achegarse á Delegación Territorial a informarse sobre a liña de subvencións que mellor responda aos seus intereses. Explicou que hoxe mesmo se abre o prazo para solicitar axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, con financiamento plurianual. Este programa está dotado con 500.000 euros para o presente exercicio -e suma unha previsión de investimento de 1,8 millóns de euros ata o ano 2021-.
Igualmente, lembrou que poden solicitarse axudas á rehabilitación de vivendas na área de rehabilitación integral (ARI) dos Camiños de Santiago, convocatoria dotada con 2,9 millóns de euros. O prazo estará aberto ata o 30 de novembro.
Tamén está aberto o prazo para obter axudas para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago, iniciativa á que se destinan un millón de euros.
Igualmente, están convocadas as axudas de rehabilitación de ámbito xeral e o programa que financia a obtención do informe de avaliación de edificios, polo que os propietarios e comunidades de veciños poden coñecer as condicións de accesibilidade, eficiencia enerxética e o seu estado de conservación.
A primeira está dotada con 2,7 millóns de euros e dispón un prazo de un mes para a presentación de solicitudes, mentres que para a segunda habilítanse 600.000 euros de orzamento e un prazo de presentación de solicitudes de dous meses.
Balseiro destacou que “con esta batería de iniciativas, que xestiona o Instituto Galego da Vivenda e Solo, a Xunta pretende facilitar que se executen obras de reforma e conservación nos edificios, co cal se consegue un triplo obxectivo: maior benestar e confort para os residentes; dinamizar o sector da construción, que é un piar para a creación de emprego; e mellorar a estética dos nosos núcleos e pobos, o cal é especialmente relevante no rural e en áreas como os Camiños e os conxuntos históricos”.
Os detalles das convocatorias poden consultarse nos seguintes enlaces:
•DOG 14 de xuño:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170614/AnuncioG0423-060617-0001_gl.html
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170614/AnuncioC3Q2-060617-0001_gl.html
•DOG 13 de xuño:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170613/AnuncioC3Q2-010617-0005_gl.html
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170613/AnuncioC3Q2-010617-0007_gl.html
•DOG 28 de xuño:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170628/AnuncioG0423-210617-0001_gl.pdf























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



