Lugo, 22 de xuño 2017. O Goberno da Deputación leva ao vindeiro Pleno Provincial, que terá lugar o martes 27 de xuño, a concesión do servizo do centro de recría. Faino por segunda vez, pois na anterior sesión plenaria acordouse deixar este asunto enriba da mesa logo de que os grupos políticos da oposición avanzasen a súa negativa a esta proposta. Xustificaron a súa postura en base ao anuncio da presentación dun recurso por parte dunha das entidades que participaron neste proceso público, e que non resultou ser a de maior puntuación.
Lembrar que, por aquel entón, é dicir, no Pleno de maio, o organismo provincial non tiña coñecemento oficial desta reclamación, posto que se trata dunha manifestación de intencións. Con todo, logo de que a oposición manifestase publicamente, trasladando ao Goberno da Deputación no pasado Pleno que, unha vez resolto este recurso, non ían a bloquear a concesión deste servizo e, polo tanto, a posta en marcha do centro de recría; o Executivo Provincial retirou esta proposta, agardando o pronunciamento do tribunal correspondente.
Trátase do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractual, que notificou á Deputación de Lugo o arquivo destas actuacións, ao que “non cabe recurso algún”, apunta textualmente.
Por este motivo, este xoves, o Presidente, Darío Campos Conde, convocou unha xuntanza cos voceiros do grupos políticos con representación no organismo provincial para informar sobre esta resolución, e avanzar que o Goberno Provincial leva ao Pleno do vindeiro martes a aprobación da concesión do servizo do centro de recría, defendendo a proposta de valoración deste proceso público, que fixeron, exclusivamente, os técnicos provinciais dos principais servizos da Deputación (contratación, secretaria, intervención e asesoría xurídica); pois só o Partido Popular participou na mesa de contratación, aínda que sen voto, só coa súa asistencia.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



