No restaurante A Lonxa de Burela, os compañeiros de Rogelio Lamelas reunímonos este venres para ofrecerlle unha merecida homenaxe pola súa prexubilación.”Lamelas” na actualidade, desempeñaba funcións de administración no departamento de Precipitación, pero antes, desde o ano 79, desempeñou distintos traballos no complexo: estivo en Electrolisis 3 anos e un accidente nun brazo apartouno deste departamento, a continuación pasou ao Economato, despois a intendencias e finalmente a contabilidade onde estivo 18 anos, e por último ao departamento onde alcanza a súa prexubilación,
Ás sobremesas fíxoselle entrega de varios agasallos que o agradeceu con moitísima emoción. Agora vai gozar da súa afección a pesca e a coidar da súa gran ilusión: o seu neto.
