Este domingo foi inaugurada “Memorias dun fotógrafo. Paisaxes da Mariña” de Cristian Carabalí e realizouse a entrega dos tres vales de compra de 200€ para gastar no comercio local de Alfoz resultantes do sorteo na Ruta de Tapeo 2017.

Será o sábado, 31 de maio ás 20 h. Participarán a Escola de Música O Pallarego de Mondoñedo e a Orquestra Clasica de Xove interpretando obras de Vivaldi.
Este xoves 29 de maio, A A.C. Francisco Lanza organizaou a presentación de “Cartas na escuridade”, de Lois Pérez. Da man de Teresa González Piñeiroa, e do propio autor, xs asistentes descubriron aos poucos pequenas claves da obra que recibiu o Premio Follas NOvas ao mellor libro xuvenil.
O programa está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Desenvolverase de luns a venres nas instalacións do CEIP Manuel Fraga Iribarne entre o 1 de xullo e o 29 de agosto, todos os días en horario de 9:30 a 14:30 horas. Constará de varias actividades coas que os nenos e nenas poderán aprender mentres se divirten. Tamén se tentará, sempre que o tempo permítao, programar diversas saídas.
A propietaria do establecemento é a francesa Delphine Moyen, que explica: “En un local al estilo parisino y acogedor ofrecemos desayunos y meriendas dulces y salados; tenemos cafés de varias procedencias y también vermús, vinos y cervezas. Además hacemos tartas caseras personalizadas, que por ahora es lo que más nos demandan los clientes; hay que encargarlas con al menos dos días de antelación”.
Un recoñecemento que certifica a calidade ambiental, a accesibilidade e o compromiso coa sustentabilidade dun dos principais recursos turísticos do concello. Esta Senda, que percorre boa parte do litoral naviego, volveu a ser distinguida polo programa Carreiros Azuis de ADEAC (Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor).
A iniciativa foi promovida polo propio colectivo. O director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Manuel Antonio Fernández, sumouse ao acto, no que lle trasladou o recoñecemento da Xunta ao artista sarriao, multiinstrumentista e luthier que destaca entre as principais figuras do panorama musical galego.
O Xebra! foi inaugurado en 2013 durante as festas patronais. Ano a ano, a axenda da asociación complementou cos seus concertos a programación dos días grandes da vila. Desta volta, o evento chega a unha cifra especial. Celebraranse os doce anos cun cartaz cunha pinchada colectiva das socias e os concertos do dúo punk Pladür e o DJ Signora Anido. A entrada do venres será de 2€ para socias e 3€ para non socias, mentres que a do sábado será de 8 e 10 euros, respectivamente. O local abrirá a partir das 22:30 horas.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital