A Mariña 29-6-17. MariñActiva nace co obxetcivo de promover e dinamizar turísticamente o norte de Galicia mediante o desenvolvemento de actividades, visitas guiadas, traslados, rutas e ata planificación das vacacións na Mariña Lucense.
A comarca de A Mariña, así como todo o norte galego, consolidáronse nos últimos anos como un destino de referencia tanto dentro como fora de Galicia. Mariñactiva pretende dar resposta ás demandas latentes destes visitantes, aglutinando toda a oferta turística da zona, unindo sinerxias con empresas de hostalería e ocio e tamién coas institucións públicas.
A empresa, impulsada por expertos no sector do turismo, nace en A Mariña e, entre outros servizos, ofrecerá excursións e visitas con guías profesionais, dirixidos tanto a grupos como a turistas a título individual. MariñActiva propón tamén visitas guiadas periódicas e gratuitas polos concellos de Viveiro, Ribadeo e Cedeira.
Os impulsores desta iniciativa presentan para este mesmo verán diferentes rutas radiais de excursións desde o 1 de xullo, recollendo aos clientes en diferentes puntos da Mariña e achegándoos a algunhas das numerosas xoias pasisaxísticas e patrimoniais da comarca.
Dentro da oferta xa confirmada de excursións para este verán destaca a visita á praia de As Catedrais, Rinlo e Ribadeo, cada venres; excursión por Lugo e Mondoñedo, os martes; visita a Sargadelos e á Basílica de San Martiño, todos los mércores; percorrido polos recunchos naturais e patrimoniais do Concello de Viveiro, cada mércores; ruta mariñeira e gastronómica polo porto de Burela, os venres; e adentrarse na Cova do Rei Cintolo cada sábado de xullo e agosto.
Malia que a empresa está ubicada en A Mariña de Lugo, onde ten lugar a maior parte da súa oferta, algunhas da súas actividades fixas para este verán desenrólanse por toda Galicia, como a visita á Ribeira Sacra cada luns ou a excursión polo “Norte do Norte” dos xoves, que percorre San Andrés de Teixido, Cedeira, Estaca de Bares e os acantilados de Loiba.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



