Ribadeo, 12 de xuño de 2017. O Partido Popular de Ribadeo denuncia a existencia de verquidos de escombros nos terreos onde está o campo de fútbol de adestramento que hai xunto á vía do tren. O portavoz municipal, Jesús López Penabad, considera lamentable que unha finca que está alugada polo Concello se atope nesta situación e tamén critica que no casco histórico de Ribadeo os sumidoiros cheiran fatal e os veciños quéixanse da sucidade e do abandono xeral que sofre a vila.
Jesús López Penabad afirmou: “desde o Partido Popular queremos denunciar un gran verquido de escombros que hai nun sitio bastante preto de todos, en concreto no campo de fútbol próximo á vía do tren, lugar onde adestran os nenos da SD Ribadeo e calquera que queira practicar un pouco de deporte. Detrás dunhas casetas que hai alí atopamos tres ou catro camións de escombro”.
O portavoz municipal do PP engadiu que “é lamentable que unha finca que está xestionando o Concello de Ribadeo, pois paga o aluguer para poder usala de campo de adestramento, estea nestas condicións. Eu creo que se calquera ribadense botara unha pequena parte dese escombro nunha finca da súa propiedade recibiría unha multa. O Concello anda ao seu aire. Temos en Ribadeo un punto limpo e unha planta de reciclaxe e polo tanto parécenos lamentable o exemplo que están dando. Alí adestran nenos e poden ver o que practica o noso Concello nas súas instalacións ou nas que levan eles”.
López Penabad quere facer “unha chamada de atención porque non nos parecer nin exemplo nin forma de traballar. Hai un punto limpo e unha planta de reciclado de escombros que é onde ten que estar ese material e non detrás dunhas casetas dun campo de fútbol, como ten o noso equipo de goberno”.
Por outra banda o portavoz dos populares no Concello ribadense denuncia que “no centro de Ribadeo estes días que non chove moito, as alcantarillas cheiran fatal. Resulta curioso, e saía na prensa o outro día, que o alcalde de Vegadeo dicía que polas restricións de auga ían deixar de baldear as rúas.
En Ribadeo baldeanse algunha vez as rúas. Eu creo que nunca, o que é lamentable nun concello que presume de servizos e de turístico e bonito como é. A min a xente quéixaseme da sucidade que hai en xeral en Ribadeo, do descoidado que está”.
López Penabad sinala que “se achega o verán e cos torneos deportivos e demais eventos xa hai máis afluencia de xente, pero eu creo que van levar unha mala imaxe de Ribadeo e mal olor porque as alcantarillas apestan. Haberá que lavar un pouquiño e facer o que se fai en calquera concello, e máis nun comercial e turístico como é Ribadeo”.
O portavoz municipal popular insiste en que “vemos abandono por parte do equipo de goberno, pasotismo e vivir ás súas anchas, pero preocupándose moi pouco polos problemas dos veciños”.



















A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A actividade conta coa colaboración do Concello.



