RIOTORTO, 25 de xuño de 2017.- Os deputados no Parlamento de Galicia e no Congreso, Daniel Vega e Jaime de Olano, respectivamente, continuaron este domingo en Riotorto a rolda de encontros que están a manter coa afiliación de A Mariña. O obxectivo deste tipo de xuntanzas, aseguran, “non é outro que escoitar a simpatizantes e á cidadanía en xeral para levar as súas propostas alá onde temos representación política e institucional”.
Deste xeito, os deputados recolleron as inquietudes e propostas de actuación dos presentes para trasladar tanto á administración autonómica como á central. “Consideramos esencial estar a pé de rúa, escoitalos e ser ese enlace para que as súas demandas sexan tratadas nas Cámaras nas que exercemos o noso labor”, indican.
O que pretenden Daniel Vega e Jaime de Olano e, ademais, trasladar canta información lles demanden os compañeiros sobre asuntos que sexan de interese para este municipio. “Así entendemos a nosa función, pois cremos que non pode ser doutro xeito. Os políticos estamos para dar solucións e, con este obxectivo, nos achegamos hoxe ata Riotorto”.
Outros encontros
Previamente, os dous deputados tamén mantiveron un encontro coa afiliación de Viveiro e de O Vicedo, así como coas confrarías dos portos de Burela e Celeiro, con ABSA e APP de Burela, ademais de cos representantes de Cáritas Diocesanas en Viveiro e Ribadeo. Neste último caso, a reunión produciuse en resposta á petición desta organización sin ánimo de lucro, na que os integrantes da mesma lles trasladaron aos populares as necesidades que presentan, así como a acción social que está a desenvolver neste municipio. Nas vindeiras semanas levarán a cabo novas xuntanzas noutros municipios da comarca e con axentes do tecido económico e social de A Mariña.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



