Ribadeo 13-6-17. A atleta benxamín do CLUB ATLETISMO RIBADEO, PAULA CONDE CARRERO ven de proclamarse SUBCAMPIONA GALEGA DE PISTA AO AIRE LIBRE, acadando a MEDALHA de PRATA na proba dos 50m.l.cún tempo de 8.02 voltando a rebaixar a súa marca,no CAMPIONATO GALEGO DE AIRE LIBRE BENXAMÍN, ALEVÍN E INFANTIL, que se disputou o DOMINGO 11/06/2017 nas PISTAS DE ATLETISMO DE BALAIDOS, numha grande xornada de atletismo na que se puido disfrutar dún grande espéctaculo da canteira atlética de Galicia.
PAULA tamén participou na proba de 500m.l., na que tivo umha excelente actuación acadando a 5 posición cún tempo de 1:41:40 numha final moi renhida e na que a atleta do CLUB ATLETISMO RIBADEO foi a que marcou o rítmo até os derradeiros 30m., nos que lhe falharon as forzas e faltando 10m. foi superada por varias atletas que entraron en META en conxunto, polo que se tivo que recurrir á foto finits para decidir as primeiras posicións.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
